Como pasa o tempo.......parece que foi onte cando iniciamos o curso e xa estamos metidos no nadal!!
Ao longo deste trimestre o Dragón Pepón volveu como xa fixera o curso pasado para acompañar aos nenos e nenas de 4 e 5 anos e axudalos no desenvolvemento da súa linguaxe.
Fixeron moitas cosas xuntos e velaí vai un pequeno resumo.
Esperemos que vos guste.
O vindeiro trimestre seguiremos traballando así de ben!!
FELICES FESTAS E ATA O ANO QUE VEN!!!
Un saudiño**
1ºTRIMESTRE 14-15 from Departamento de orientación on Vimeo.
lunes, 15 de diciembre de 2014
miércoles, 3 de diciembre de 2014
3 DE DECEMBRO: DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADES
Foi en 1992 cando a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o día 3 de decembro como o DÍA DAS PERSONAS CON DISCAPACIDADE, co obxectivo de chamar a atención e movilizar apoios para a inclusión de persoas con discapacidade na sociedade.
Este ano 2014, a xornada celébrase poñendo o acento na tecnoloxía, baixo o lema 'Desenvolvemento sostible: a promesa da tecnoloxía', xa que as tecnoloxías da información e da comunicación, en particular, impactaron moito na vida cotia das persoas, pero non todas teñen acceso a ela, ademais de todos é sabido que os avances na tecnología pódense utilizar para mellorar a vida das personas con discapacidad.
Déixovos este video distribuido pola Xunta de Andalucía para fomentar a integración das persoas con discapacidade.
Déixovos este video distribuido pola Xunta de Andalucía para fomentar a integración das persoas con discapacidade.
Un saudiño**
miércoles, 5 de noviembre de 2014
AS PRAXIAS
Moitas veces falamos da palabra PRAXIAS sen darnos conta de que é unha palabra que non todo o mundo utiliza habitualmente e da que moita xente incluso pode descoñecer o seu significado.
Entendemos por praxias: un sistema de movementos coordinados de maior ou menor dificultade que facemos cos beizos, a lingua, os músculos de preto da boca, a mandíbula ou o velo do padal, para pronunciar correctamente os diferentes fonemas . Ás veces atopámonos con nenos que non son capaces de articular debido a unha incorrecta coordinación dos movementos, e á vez isto é debido a que o ton muscular dos órganos encargados da fala non é o apropiado.
Para iso podemos reforzar estes movementos a través de xogos.
Aquí vos deixo algúns exemplos cos que poder traballar a mobilidade dos órganos fonoarticulatorios de forma divertida!!
Con este divertido vídeo os nenos pasarano en grande practicando as praxias á vez que traballan o outono.
miércoles, 24 de septiembre de 2014
BENVID@S A ESTE NOVO CURSO!!!!
Dende o Departamento de Orientación queremos darvos a benvida a este novo curso escolar 2014/2015. Alumnos e mestres xa nos puxemos en marcha para dar o mellor de nós. Como o pasado curso tentaremos mantervos informados de novidades, actividades... ademais de seguir ofrecendo consellos que vos sexan de utilidade.
Aquí vos deixo unha mensaxe de Pepón, a mascota de audición e linguaxe coa que queda inaugurado o novo curso escolar!!!!
Un saudiño**
Aquí vos deixo unha mensaxe de Pepón, a mascota de audición e linguaxe coa que queda inaugurado o novo curso escolar!!!!
Un saudiño**
miércoles, 28 de mayo de 2014
O NOSO PRIMEIRO PDI
Antes de nada é importante facernos unha pregunta...... sabemos o que é un PDI?
Pois os proxectos documentais integrados (PDI) son actividades nas que os alumnos/as ademais de investigar sobre un tema ou problema concreto familiarízase cos mecanismos de busca da información e traballo intelectual usando os recursos que ofrece a biblioteca escolar.
Son proxectos porque se desenvolven mediente unha metodoloxía activa e colaborativa que permite traballar as competencias básicas; son documentais porque os documentos cos que traballan axudan a que o alumnado constrúa o seu coñecemento, sexan creativos e capaces de comunicar o que entenden e finalmente son integrados porque permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para achegar o mundo escolar á vida cotiá.
Este ano puxemos en marcha o noso primeiro PDI no que participou todo o alumnado do centro.
Pepón a mascota de Audición e Linguaxe quixo aportar o seu graíño de area por iso os alumnos de infantil tamén traballaron aspectos do PDI durante as clases de estimulación da linguaxe.
Velaí vai o noso traballo agardamos que vos guste porque nós pasámolo en grande e aprendimos un montón de cousas.
Se vos soubo a pouco, podedes ver moitas máis cousiñas do PDI do cole na páxina da nosa biblioteca!!

miércoles, 23 de abril de 2014
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
O día 23 de Abril celébrase, anualmente, o Día do Libro para nenos en todo o mundo co obxectivo principal de fomentar a lectura, non so en nenos, senon en toda a xente.
O 23 de abril foi a data elexida como Día internacional do Libro porque xusto en ese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos escritores máis recoñecidos mundialmente e xenios da literatura.O día do libro é ideal para que os nenos comprendan o valor da literatura e así fomentar e despertar a súa pasión polos libros e pola lectura.O máis importante é que cada neno atope o seu libro ideal, que lle guste, que lle apasione. A cada un lle gustarán temas diferentes, historias de amor, aventuras, novelas de terror, calquera libro é válido para desenvolver a creatividad e a imaxinación dos nenos, e eso sempre é bo e saudable para a mente.
Aquí vos deixo un divertido conto infantil animado. Un conto que fomenta a lectura e a imaxinación dos nenos xunto a Roberto, un neno moi inquedo que quere coñecer o segredo das nubes.

miércoles, 2 de abril de 2014
2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
Hoxe celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.
O principal obxectivo deste día é sensibilizar á poboación mundial sobre un trastorno que ano tras ano afecta a máis persoas. É moi importante conseguir que as persoas con autismo ao igual que as súas familias poidan vivir dunha forma plena e se lles recoñezan e se leven a cabo todos aqueles dereitos que lles corresponden.
Neste día tamén se pon de manifesto a necesidade de mellorar as condicións dos nenos e dos adultos que teñen este trastorno.

Velaí vai un pequeno corto de animación que nos achega ao mundo das familias de nenos con autismo
Este corto realizado polo pai dunha nena con autismo, é unha pequena excursión ao mundo interior dunha nena; unha viaxe chea de cor, amor, creatividade e orixinalidade, que nace no percorrido duns pais que ven que a súa filla compórtase dunha maneira especial, ata confirmar o diagnóstico: autismo.
HOXE ELEXIMOS A COR AZUL!!!!!
Un saudiño **
lunes, 17 de marzo de 2014
REMATANDO XA O SEGUNDO TRIMESTRE.......
Estamos xa a piques de rematar este segundo trimestre e non quero que remate sen amosarvos todo o traballo realizado polos nenos e nenas de infantil nas clases de estimulación da linguaxe.
Ademais de aprender moitas cousiñas....... pasárono en grande con Pepón e as súas aventuras.......
Esperamos que vós disfrutedes como eles vendo este pequeno resumo.
O vindeiro trimestre máis e mellor!!!
Un saudiño **
Video E.I 2ºtrimestre from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 24 de febrero de 2014
MOI RECOMENDADOS:
Hoxe traemos uns contiños que nos parecen moi apropiados tanto para profes como para pais e nais.
Esta colección preséntanos unha serie de contos, nalgúns casos orixinais e inéditos e noutros casos contos tradicionais, pero todos enfocados á realización de forma lúdica de actividades que estimulan a linguaxe oral (praxias, ritmo, respiración, sopro, vocabulario temático, conceptos básicos...).
Todos estes aspectos son fundamentais para o desenvolvemento da linguaxe oral e son máis fáciles de asimilar de forma divertida.
Os contos ademais están presentados con algunhas ilustracións para os nenos que aíndan non os poidan ler.
É importante saber que a narración dos contos non se limita á lectura senon que o que importa neste caso é a interpretación.

lunes, 10 de febrero de 2014
TÉCNICAS DE ESTUDO
Hoxe quero falarvos das técnicas de estudo.
As técnicas de estudo ou estratexias de estudo, xeralmente son axudas para acadar o éxito na escola. Hai unha gran variedade de técnicas de estudo, que poden enfocarse no proceso de organizar, coller e reter nova información ou superar exames. Inclúense tamén técnicas directamente implicadas no propio proceso do estudo; tales como a planificación de dita actividade, o subliñado, o resumo.... e outras estratexias complementarias.
Aquí vos deixo un pequeno documento sobre algunhas desta técnicas que pode ser de gran axuda aos nenos á hora de enfrentarse ao estudo e obter os resultados esperados.
Espero que vos sirva de axuda.

viernes, 24 de enero de 2014
HOXE UNS BREVES CONSELLIÑOS!!!
Hoxe para ir remantando a semana, deixámosvos aquí un pequeno documento que pode ser de gran axuda para traballar problemas de fonación e articulación, xa que en moitos casos estes problemas derivan de alteracións na respiración e na tensión muscular e corrixindo esto podemos observar grandes mellorías na fonación.
Esperamos que vos guste e vos sirva de axuda.
Un saudiño**
jueves, 9 de enero de 2014
HOXE RECOMENDAMOS........
Benvidos de novo e FELIZ ANO A TOD@S!!!!!
Despois destas vacacións de Nadal voltamos coas pilas cargadas e dispostos a traballar duro e amosarvos moitas cousiñas novas ao longo deste segundo trimestre.
Hoxe recoméndovos un par de contiños que vos poden axudar a que os máis pequenos comprendan as diferencias entre as persoas, a exclusión, as dificultades, a capacidade de superación... a través de propostas gráficas moi sinxelas e orixinais.
Espero que vos guste.
Un saudiño**
Suscribirse a:
Entradas (Atom)