Hoxe traemos uns contiños que nos parecen moi apropiados tanto para profes como para pais e nais.
Esta colección preséntanos unha serie de contos, nalgúns casos orixinais e inéditos e noutros casos contos tradicionais, pero todos enfocados á realización de forma lúdica de actividades que estimulan a linguaxe oral (praxias, ritmo, respiración, sopro, vocabulario temático, conceptos básicos...).
Todos estes aspectos son fundamentais para o desenvolvemento da linguaxe oral e son máis fáciles de asimilar de forma divertida.
Os contos ademais están presentados con algunhas ilustracións para os nenos que aíndan non os poidan ler.
É importante saber que a narración dos contos non se limita á lectura senon que o que importa neste caso é a interpretación.
Un saudiño **
lunes, 24 de febrero de 2014
lunes, 10 de febrero de 2014
TÉCNICAS DE ESTUDO
Hoxe quero falarvos das técnicas de estudo.
As técnicas de estudo ou estratexias de estudo, xeralmente son axudas para acadar o éxito na escola. Hai unha gran variedade de técnicas de estudo, que poden enfocarse no proceso de organizar, coller e reter nova información ou superar exames. Inclúense tamén técnicas directamente implicadas no propio proceso do estudo; tales como a planificación de dita actividade, o subliñado, o resumo.... e outras estratexias complementarias.
Aquí vos deixo un pequeno documento sobre algunhas desta técnicas que pode ser de gran axuda aos nenos á hora de enfrentarse ao estudo e obter os resultados esperados.
Espero que vos sirva de axuda.
Un saudiño**

Suscribirse a:
Entradas (Atom)