Aquí estamos xa de volta coas pilas cargadas!!
Hoxe vou falar dos pictogramas.
Moitos de vós preguntaredes: que é un pictograma?
Hoxe vou falar dos pictogramas.
Moitos de vós preguntaredes: que é un pictograma?
E velaí vai unha sinxela definición:
Un pictograma é un signo claro e esquemático que representa un obxecto real,
figura ou concepto. Sintetiza unha mensaxe que pode sinalar ou informar
sobrepasando a barreira das linguas.
Podemos
atopalos en moitos contextos da vida diaria e aportan información útil coñecida por todos:
Os pictogramas ademais son recursos de comunicación de carácter visual que
serven, entre outras cousas, para facilitar a comunicación de necesidades ou estimular a expresión no caso de que existan carencias sensoriais, cognitivas ou ben un coñecemento
insuficiente da lingua de comunicación. Por esta razón, os pictogramas
constitúen un recurso capaz de adaptarse a diversos propósitos comunicativos na ensinanza que se desenvolve en contextos de diversidade.
Ademais
de usar outro canal sensorial, a vista, unha das súas maiores vantaxes é que non son efímeros, como as mensaxes faladas ou signadas, senon que permanecen no tempo e no espazo, permitindo a calquera acceder a eles en todo
momento.
Os pictogramas son PERCEPTIBLES, SIMPLES e PERMANENTES. Estas cualidades son de
gran axuda para calquera, pois todos necesitamos claves que nos axuden a
entender o mundo e “ordealo” na nosa mente, pero especialmente para os alumnos con dificultades de atención, memoria, linguaxe e trastornos xeneralizados do desenvolvemento.
“Ofrecerles ilustraciones es ampliarles fronteras,
darles un nuevo mundo lleno de posibilidades, lleno de sensaciones que podemos
extrapolar a otras facetas del aprendizaje” (Amparo Ruiz Espinosa).
Aquí vos deixo un exemplo do útiles que poden ser os pictogramas!!
Un saudiño**
Aquí vos deixo un exemplo do útiles que poden ser os pictogramas!!
Un saudiño**