Sen a penas darnos conta chegamos xa ao final do segundo trimestre. Ao longo destes meses os nen@s de infantil traballaron un montón nas clases de estimulación da linguaxe.
A través de xogos con imaxes, sons, palabras....aprenderon moitas cousiñas e melloraron un montón a súa linguaxe.
Despois destas vacacións esperamos que volvan coas pilas ben cargadas para seguir traballando así de ben.
Aquí vos deixo un pequeno resumo dalgunhas das cousas que fixeron.
Que pasedes unhas boas vacacións.
Un saudiño**
2º trimestre from Departamento de orientación on Vimeo.
jueves, 26 de marzo de 2015
jueves, 12 de marzo de 2015
A succión dixital descríbese como un hábito común na infancia que se considera normal ata os 3 - 4 anos. Aínda que a maioría dos nenos que comezan a chuparse o polgar interrompen este costume cara aos 2 - 3 anos, nalgúns casos este hábito permanece ata os 6 - 12 anos.
Os riscos asociados á succión do polgar dependen da frecuencia, intensidade, duración e posición do dedo na boca. Pero nos casos máis graves descríbense alteracións alvéolodentais asociadas a este hábito, incluindo maloclusións, mordida aberta , mordida cruzada e deformacións faciais.
A presenza deste hábito despois dos 4 años produce cambios na tonicidade muscular de labios e bucinadores, retarda a súa maduración, dificulta a deglución normal provocando o que se coñece como deglución atípica, padal mais estreito e fendido, provocado pola presión do dedo sobre os dentes, o oso alveolar e o padal. Tamén pode afectar a outras funcións como a fonación, a respiración ou producir trastornos na linguaxe.
Outros problemas asociados a este hábito son a formación de callos, irritacións, deformación do dedo...
Correxir o hábito de succión do dedo no neno é unha tarefa difícil que conleva moita paciencia e esforzo por parte dos pais e especialistas. É importante destacar que non imos axudar ao neno a base de palabras fortes, castigos ou regaños, porque lexos de eliminalo, pódese reforzar a conducta e facela mais forte e marcada.
A continuación deixovos un video no que se aprecia perfectamente algunhas das alteracións que pode provocar unha succión do polgar prolongada no tempo.
Un saudiño**
Suscribirse a:
Entradas (Atom)