Como xa sabedes o 23 de abril celébrase o DÍA MUNDIAL DO LIBRO. En este día conmemórase a morte de tres grandes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes , William Shakespeare e Garcilaso de la Vega .
A celebración do día mundial do libro surdiu a partir dunha iniciativa da UNESCO co obxectivo de valorar os libros e os seus autores; busca estimular o gusto pola lectura, fomentar a industria editorial e a protección da propiedade intelectual. Pouco a pouco foise ampliando a celebración en diferentes países ao redor do mundo, dada a importancia da lectura para o desenvolvemento da cultura.
A continuación deixovos un documento con algúns consellos para fomentar a lectura.Un saudiño**