viernes, 29 de mayo de 2015

Durante este terceiro trimestre, nas clases de Estimulación da Linguaxe tamén quixemos aportar o noso gran de area no PDI de Infantil deste curso: "O NOSO HORTO VERTICAL".
Aproveitamos algunhas cousiñas que aprenderamos sobre as plantas aromáticas e a horta para traballar a articulación do "R", a respiración...
Aquí vos deixo un breve resumo do moito que traballamos e do ben que o pasamos, pero se queredes ver o traballo completo podedes visitar o blogue de infantil e tamén o da nosa biblio.

Un saudiño**


A.L. from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 11 de mayo de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Que mellor para celebrar a semana das Letras Galegas que  un contiño en galego....

Así que puxémonos mans á obra, collimos as historias do Dragón Pepón que tanto nos gustan e este foi o resultado...... agardamos que pasedes un bo rato, porque nós puxemos moitas ganas e pasámolo moi ben.

Un saudiño**



A historia de Pepón from Departamento de orientación on Vimeo.