jueves, 17 de marzo de 2016

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE EN INFANTIL

Chegamos ao final doutro trimestre e non quería deixar a oportunidade de amosarvos o moito que traballan os rapaces de infantil nas clases de A.L. mentres disfrutan, xogan e aprenden co Dragón Pepón a mascota que nos acompaña dende fai xa tres aniños, aprender os sons, as letras, novas palabras co seu xénero e o seu número, comprender as secuencias temporais  etc. tamén pode ser divertido!!
Velaí vos vai este pequeno resumo.

Un saudiño**

                  

miércoles, 16 de marzo de 2016

UNHA RECOMENDACIÓN

Acabo de descubrir esta breve curtometraxe "The present" (el regalo), un corto que emociona e fai reflexionar onde o protagonista, un rapaz que polos comentarios da nai non sae moito da casa, un día recibe un regalo de súa nai que  non recibe con moita ilusión.... o resto invitote a velo porque merece a pena. 
O corto está baseado nunha tira cómica do ilustrador brasileiro Fabio Coala. 

Un saudiño**