jueves, 26 de octubre de 2017

TRABALLAMOS O SAMAÍN

Achégase o Samain e nas clases de estimulación da linguaxe quixemos traballar cousiñas sobre el!! Asi que puxémonos mans á obra, e entre outras cousas a través dunha actividade de lectura de imaxes, e sobre todo con moita imaxinación creamos este simpático conto.
Agardamos que vos guste.

Un saudiño**


SAMAÍN 2017 from Departamento de orientación on Vimeo.

jueves, 5 de octubre de 2017

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Hoxe é 5 de outubro, DÍA MUNDIAL DO DOCENTE, e que mellor data que esta para darvos a benvida a tod@s a este novo curso escolar 2017-2018, curso no que como cada ano tentaremos mantervos ao día sobre o ben que traballan os pequenos e pequenas do cole nas clases de estimulación da linguaxe, pero no que tamén vos informaremos sobre datas importantes ou sobre noticias relevantes en torno á linguaxe e a comunicación.
BO INICIO DE CURSO A TODOS E A TODAS

Un saudiño*