lunes, 20 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

O 20 de novembro é un día importante para a infancia, é o Día Universal do Neno dende 1954, pero tamén é o aniversario da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do neno en 1959.
Cales son os dereitos que deben ter todos nenos?? esta é unha pregunta á que todos deberiamos saber respostar, pero por si algún anda despistado aquí vos deixo as respostas.

Un saudiño**
 
 










        

lunes, 13 de noviembre de 2017

A IMPORTANCIA DAS EMOCIÓNS

Os nenos deben aprender a ler e a escribir, pero tamén deben aprender a controlar, xestionar e expresar as súas emocións. Aplicar a educación emocional tanto na aula como na casa axudará ao desenvolvemento intelectual do neno.
No cole é moi importante prestar atención e traballar as emocións en todas as idades, un recurso que nos gusta moito é o traballo a través de contos.
"El monstruo de colores" é un recurso para traballar as emocións cos mais pequenos dunha maneira moi gráfica, xa que usa a cor como eixe central do relato, con el aprenderemos a identificar as distintas emocións.













Aquí vos deixo o enlace ao conto dixital para que poidades velo cos vosos pequenos!!

Un saudiño**