jueves, 20 de diciembre de 2018

Xoguetes para a igualdade

Este ano a Secretaría Xeral de Igualdade puxo en marcha unha campaña de nadal : " Xoguetes para a igualdade" dirixida tanto á sociedade en xeral como á comunidade educativa en particular.

Dende o centro unímonos a esta campaña non so neste nadal senon a diario, tentando promover a igualdade entre nenos e nenas, transmitindo ao alumnado valores baseados na igualdade, sen estereotipos sexistas, sendo esta educación fundamental á hora de erradicar a violencia de xénero.
Algúns exemplos son a participación no certame de debuxo "EuTomoParte" que podedes ver no seguinte enlace:
http://terceirociclocordoboullosa.blogspot.com/2018/11/non-violencia-de-xenero.html

Ou as actividades o 25 de novembro "Día internacional contra a violencia de xénero":
http://curicuxa.blogspot.com/2018/11/neste-cole-damos-cara-contra-violencia.html


A través de esta campaña preténdese recalcar que:
- Non hai xoguetes de nenas  nenos.
- Non hai cores de nenas e nenos.
- Se escollan xoguetes que favorezan as relacións igualitarias e colaboradoras entre nenas e nenos.
- Se elixan xoguetes que reflictan a diversidade de cada persoa.
- Ter claro que os xogos e os xoguetes educan.
- Se intente que os xoguetes favorezan a igualdade na participación.
- Xunten nenas e nenos cooperando e compartindo espazos.
- Axuden a promover as capacidades e habilidades persoais.
- A importancia de que os xoguetes sexan supervidados por adultos.





Un saudiño**

e

BO NADAL!!!!!




lunes, 3 de diciembre de 2018

HOXE 3 DE DECEMBRO...

O 3 de decembro foi a data adoptada polo movemento asociativo das persoas con discapacidade e dos seus familiares en todo o mundo para reivindicar dereitos, calidade de vida e condicións de desenvolvemento social acordes coa dignidade das persoas coa discapacidade.





             

lunes, 5 de noviembre de 2018

Recomendacións...

Esta semana tivemos no cole unha recomendación que nos gustaría compartir con vós.
Déixovos aquí a portada do libro que pode ser útil para moitas familias de alumnos/as con autismo, unha guía sinxela que pode axudar a resolver dúbidas e inquedanzas coas que se atopan moitas das familias cando lles comunican que o seu fillo/a ten autismo.


Un saudiño**


lunes, 3 de septiembre de 2018

CHEGA UN NOVO CURSO

OS PROFES XA ESTAMOS DE VOLTA COAS PILAS BEN CARGADAS PARA COMEZAR UN NOVO CURSO CHEO DE MOITAS APRENDIZAXES, NOVIDADES, DIVERSIÓN...

ASÍ COMO VEDES NESTAS FOTOS REMATABAMOS O CURSO NAS CLASES DE AUDICIÓN E LINGUAXE .... E NESTE NOVO QUE COMEZAMOS SEGUIREMOS ENCHENDO AS AULAS DE RISAS, SORPRESAS, ILUSIÓNS, COÑECEMENTOS...

BENVID@S AO CURSO 18-19!!



 

lunes, 8 de enero de 2018

COMEZO DE TRIMESTRE

Despois das merecidas vacacións, hoxe comezamos o segundo trimestre con moito ánimo e con moitas ganas, e para  ir poñéndonos as pilas déixovos aquí un breve resumo das actividades realizadas polos pequechos do cole nas clases de estimulación da linguaxe.
Neste trimestre que comeza..... MOITO MAIS!!!

Un saudiño**