martes, 22 de diciembre de 2020

Chegou o Nadal

 Para festexar que por fin chegou o Nadal e as tan esperadas vacacións, que mellor que ver este resumo de todas as nosas actividades con Pepón nas sesións de estimulación da linguaxe!!!!!


Un saudiño** e Felices Vacacións!!!!!!

viernes, 30 de octubre de 2020

A FESTA DE SAMAÍN

 A pesar de todos os cambios que trouxo este novo curso hai cousas que non se poden perder e os nosos festexos é unha desas cousas.

Adaptándonos ás circunstancias, con cambios, con novidades e con sentidiño... pasaremos un samaín de medo!!!

Para festexar este SaMaIn 2020, os nenos e nenas de 6º de infantil elaboramos un conto chulísimo a partir do xogo "a palabra misteriosa" ao que xogamos na clase de estimulación da linguaxe.

Cunha caixa máxica chea de palabras fumos elaborando esta breve historia, agardamos que vos guste!!

Un saudiño**

Samaín2020 from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 26 de octubre de 2020

Benvidos!!!!

 Benvidos/as un ano máis, a este pequeno espazo do noso cole!!!!

Xa levamos algo máis dun mes de clase deste curso tan diferente aos demais pero que comezamos con máis ganas e máis ilusión ca nunca!!!!

Non vos esquezades de pasarvos por aquí de vez en cando!!

Un saudiño**



lunes, 25 de mayo de 2020

AS NOSAS RECEITAS

Bos días familias!!!!! 
Hoxe traio por fin a recompilación de receitas que creamos en 3º, deixovos un vídeo coas imaxes deste grupo de artistas e un receitario onde se recollen todas as súas receitas, anímovos a facelas porque todas teñen unha pinta estupenda!!!!

Esperemos que vos guste
Un saudiño**


As receitas de 3º from Audición y lenguaje on Vimeo.

miércoles, 20 de mayo de 2020

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO FONDO DE LIBROS E VALES DE MATERIAL ESCOLAR

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas, se pinchades na seguinte imaxe veredes toda a información e os documentos para descargar:
Un saudiño**


 PINCHA AQUÍ
PINCHA AQUÍ





jueves, 14 de mayo de 2020

CONTOS MOI RECOMENDADOS

Seguimos insistindo na importancia da estimulación da linguaxe dos máis pequenos da casa, hai milleiros de recursos ao alcance das nosas mans, con moi pouca cousa (ao contrario do que moitas veces cremos) podemos facer moito.

Hoxe remítome a unha das nosas publicacións antigas onde recomendaba unha serie de contos para a estimulación da linguaxe tanto para profes como para pais/nais.

Botádelle un ollo!!

http://orientacioncordoboullosa.blogspot.com/2014/02/moi-recomendados.html

Un saudiño**

lunes, 4 de mayo de 2020

ASÍ CONMEMORAMOS EN 3º O DÍA DO LIBRO

Sabemos o importante que é a lectura a todas as idades, son moitos os aspectos positivos vinculados a esta actividade. Está máis que comprobado que exercitar a mente mediante a lectura favorece a concentración e  axuda a mellorar algunhas habilidades sociais como a empatía, prevén a dexeneración cognitiva...

Tamén axuda a desenvolver as capacidades mentais do máis pequenos:

- Memoria: Os nenos son capaces de contar un conto incluso se todavía non teñen adquirida a capacidade de lectura, as imágenes axúdanlles a rememorar a historia e a poder relatala..
- Linguaxe: A través da lectura, os pequenos amplian o seu vocabulario e aprenden frases cada vez máis complicadas. Debemos, polo tanto, ler aos nenos en voz alta, interpretando os textos.
- Capacidade de abstracción: Os nenos establecen a relación entre os obxectos que viron na realidad e a representación dos mesmos nas ilustracións. Pasando en consecuencia, a un nivel de abstracción.
- Imaxinación: A partir das imaxes e do texto, os nenos constrúen as súas propias representacións, amplian e organizan o seu universo
Sen esquecer que a lectura enriquece e moito a relación adulto-neno.

Por todo isto e moitos máis aspectos, a pesar de estar na casa non quixemos pasar sen conmemorar o Día do libro 2020, e esta foi a actividade que realizamos.
Agardamos que vos guste.

Un saudiño**



Día do libro Parte1 from Audición y lenguaje on Vimeo.

Día do libro Parte2 from Audición y lenguaje on Vimeo.

viernes, 1 de mayo de 2020

LEMBRANZAS DE PEPÓN

Fai uns días comentabamos  a importancia de non esquecer a estimulación da linguaxe cos máis pequenos e hoxe queremos, xunto co Dragón Pepón, lembrar todo o que fixemos ao longo destes meses que souberon a moi pouco!!

Un saudiño**


Estimulación da linguaxe en infantil from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 27 de abril de 2020

AS NOSAS MASCOTAS

Nestas semanas que non podemos estar xuntos, propoñévosvos  actividades como estas, que nos axudan a estar máis preto uns dos outros a pesar das distancias.

Agardamos que vos guste

Un saudiño**


mascotas from Audición y lenguaje on Vimeo.

martes, 21 de abril de 2020

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL NA CASA

                     O coronavirus é unha realidade que lamentablemente a día de hoxe aféctanos a todos  e os rapaces/as non son unha excepción. É un tema importante e os nenos agradecerán saber que está pasando. Falar con  eles sobre o tema é un exercicio de responsabilidade, pero sobre todo unha maneira de informalos e que comprendan mellor a situación.
Aquí vos deixo o enlace a un vídeo que pode servir de moita axuda:


                Tamén son importantes as rutinas, manter as súas rutinas diarias sempre dentro das posibilidades da familia, debería ser unha das primeiras medidas necesarias para todos. Sobre todo agora que o cole permanecerá pechado, non sabemos durante canto tempo.  Podedes empezar por programar os días cun horario regular que vai a depender sempre claro está da situación laboral de cada pai, nai, avó...
                E como non ... tan importante, sobre todo nos máis cativos, a evolución da linguaxe. Como ben sabedes ao longo do curso cos nenos/as de 4 e 5 anos realizabamos unha vez á semana unha sesión de estimulación da linguaxe para desenvolver o P.E.L.O (programa de estimulación da linguaxe oral). Nelas como xa vos comentamos ao inicio do curso traballamos dunha maneira directa os diferentes aspectos que se engloban na comunicación e na linguaxe pero sempre dunha forma lúdica, entretida... con xogos, fichas, vídeos...
                Déixovos uns enlaces que poden darvos ideas de como xogar con eles á vez que mantemos e melloramos o traballo realizado durante o curso. Dunha maneira xeral propóñovos traballar un ratiño cada día os diferentes aspectos da linguaxe: 




                Tampouco debemos esquecernos do exercicio físico, nestes momentos nos que estamos na casa, abusar do sedentarismo sería máis prexudicial ca nunca sobre todo para os peques. Hai tempo para todo a tele e a tablet tamén teñen cabida non son excluíntes, lembrade que o profe Ramón propuxo un montón de rutinas para non perder o ritmo!!!



Un saudiño** e moito ánimo!!




viernes, 3 de abril de 2020

Actividades de expresión oral

Xa chegamos ao fin deste 2º trimestre, un trimestre que comezou como calquera outro pero que remata dunha forma completamente diferente e inesperada.
Pero non por iso imos deixar de valorar todo o esforzo e traballo realizado nestes meses, por iso hoxe quero que o alumnado de 3º vexa reflictido ese esforzo e traballo que levou na preparación dun dos temas desta avaliación "OS ANIMAIS VERTEBRADOS"; foi un traballo de reforzo e de expresión oral en galego estupendo.
Disculpade polos erros provocados polos nervios e os medos do directo.

Agardo que vos guste.
E como sempre, non nos cansamos de repetir que MOITO ÁNIMO A TOD@S!!! Agardo que nos vexamos pronto.

Os animais vertebrados from Audición y lenguaje on Vimeo.


Un saudiño**

jueves, 2 de abril de 2020

2 ABRIL....

Hoxe é 2 de ABRIL, día mundial de concienciación sobre o autismo; hoxe é un día raro, diferente....pero a pesar das circunstancias que nos rodean non debemos esquecernos da importancia desta data.

Un día no que agora mais que nunca son moi importantes as campañas de concienciacións para visibilizar a realidade do colectivo e  sobre todo as súas necesidades.

A continuación deixovos un corto en forma de pequeno relato "Mi hermanito de la Luna", no que a irmá dun neno con autismo conta como é de diferente a súa vida co seu irmán, do cal fala a través dunha bonita metáfora que pretende ilustrar a percepción que se ten das persoas con autismo como se viviran "noutro mundo".
 

Tamén deixo este enlace para poder coñecer un pouco mais ás persoas que sofren este trastorno.

http://www.autismo.org.es/sobre-los-TEA

jueves, 12 de marzo de 2020

MEDIDAS A ADOPTAR NOS CENTROS EDUCATIVOS

AVISO URXENTE:

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.