lunes, 27 de abril de 2020

AS NOSAS MASCOTAS

Nestas semanas que non podemos estar xuntos, propoñévosvos  actividades como estas, que nos axudan a estar máis preto uns dos outros a pesar das distancias.

Agardamos que vos guste

Un saudiño**


mascotas from Audición y lenguaje on Vimeo.

martes, 21 de abril de 2020

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL NA CASA

                     O coronavirus é unha realidade que lamentablemente a día de hoxe aféctanos a todos  e os rapaces/as non son unha excepción. É un tema importante e os nenos agradecerán saber que está pasando. Falar con  eles sobre o tema é un exercicio de responsabilidade, pero sobre todo unha maneira de informalos e que comprendan mellor a situación.
Aquí vos deixo o enlace a un vídeo que pode servir de moita axuda:


                Tamén son importantes as rutinas, manter as súas rutinas diarias sempre dentro das posibilidades da familia, debería ser unha das primeiras medidas necesarias para todos. Sobre todo agora que o cole permanecerá pechado, non sabemos durante canto tempo.  Podedes empezar por programar os días cun horario regular que vai a depender sempre claro está da situación laboral de cada pai, nai, avó...
                E como non ... tan importante, sobre todo nos máis cativos, a evolución da linguaxe. Como ben sabedes ao longo do curso cos nenos/as de 4 e 5 anos realizabamos unha vez á semana unha sesión de estimulación da linguaxe para desenvolver o P.E.L.O (programa de estimulación da linguaxe oral). Nelas como xa vos comentamos ao inicio do curso traballamos dunha maneira directa os diferentes aspectos que se engloban na comunicación e na linguaxe pero sempre dunha forma lúdica, entretida... con xogos, fichas, vídeos...
                Déixovos uns enlaces que poden darvos ideas de como xogar con eles á vez que mantemos e melloramos o traballo realizado durante o curso. Dunha maneira xeral propóñovos traballar un ratiño cada día os diferentes aspectos da linguaxe: 




                Tampouco debemos esquecernos do exercicio físico, nestes momentos nos que estamos na casa, abusar do sedentarismo sería máis prexudicial ca nunca sobre todo para os peques. Hai tempo para todo a tele e a tablet tamén teñen cabida non son excluíntes, lembrade que o profe Ramón propuxo un montón de rutinas para non perder o ritmo!!!



Un saudiño** e moito ánimo!!




viernes, 3 de abril de 2020

Actividades de expresión oral

Xa chegamos ao fin deste 2º trimestre, un trimestre que comezou como calquera outro pero que remata dunha forma completamente diferente e inesperada.
Pero non por iso imos deixar de valorar todo o esforzo e traballo realizado nestes meses, por iso hoxe quero que o alumnado de 3º vexa reflictido ese esforzo e traballo que levou na preparación dun dos temas desta avaliación "OS ANIMAIS VERTEBRADOS"; foi un traballo de reforzo e de expresión oral en galego estupendo.
Disculpade polos erros provocados polos nervios e os medos do directo.

Agardo que vos guste.
E como sempre, non nos cansamos de repetir que MOITO ÁNIMO A TOD@S!!! Agardo que nos vexamos pronto.

Os animais vertebrados from Audición y lenguaje on Vimeo.


Un saudiño**

jueves, 2 de abril de 2020

2 ABRIL....

Hoxe é 2 de ABRIL, día mundial de concienciación sobre o autismo; hoxe é un día raro, diferente....pero a pesar das circunstancias que nos rodean non debemos esquecernos da importancia desta data.

Un día no que agora mais que nunca son moi importantes as campañas de concienciacións para visibilizar a realidade do colectivo e  sobre todo as súas necesidades.

A continuación deixovos un corto en forma de pequeno relato "Mi hermanito de la Luna", no que a irmá dun neno con autismo conta como é de diferente a súa vida co seu irmán, do cal fala a través dunha bonita metáfora que pretende ilustrar a percepción que se ten das persoas con autismo como se viviran "noutro mundo".
 

Tamén deixo este enlace para poder coñecer un pouco mais ás persoas que sofren este trastorno.

http://www.autismo.org.es/sobre-los-TEA