lunes, 9 de noviembre de 2015

CHEGOU O SAMAÍN

Para festexar a chegada do Samaín, os nenos de 5 anos fixeron nas clases de audición e linguaxe  un conto moi gracioso que vos deixo aqui para que lle votedes un ollo e vexades canto traballan e como se divirten.

Un saudiño**



CONTO SAMAIN2015 from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 28 de septiembre de 2015

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2015-2016

Pepón quere darvos a benvida a este novo curso 2015-2016, no que nos esperan moitas actividades, traballos, novidades, xogos, sorpresas...
Aquí vos deixa a súa particular benvida.

Un saudiño**



STOP MOTION PEPON from Departamento de orientación on Vimeo.

jueves, 18 de junio de 2015

CHEGAMOS AO FINAL.....

Chegamos xa ao final doutro curso..... e quero deixarvos aquí en imaxes todo o que traballaron os nosos pequenos nas clases de estimulación da linguaxe.... con todas estas fichas fixeron uns fermosos libriños que levaron para casa con moita ilusión e así compartilos coas familias.

Non nos queda máis que desexarvos dende o Departamento de Orientación do cole unhas estupendas vacacións a todos..... cargaremos ben as pilas para traballar o vindeiro curso polo menos tanto coma este que remata!!

Un saudiño**

Estes sons os traballos de 4 anos:
Estes son os traballos de 5 anos:

viernes, 29 de mayo de 2015

Durante este terceiro trimestre, nas clases de Estimulación da Linguaxe tamén quixemos aportar o noso gran de area no PDI de Infantil deste curso: "O NOSO HORTO VERTICAL".
Aproveitamos algunhas cousiñas que aprenderamos sobre as plantas aromáticas e a horta para traballar a articulación do "R", a respiración...
Aquí vos deixo un breve resumo do moito que traballamos e do ben que o pasamos, pero se queredes ver o traballo completo podedes visitar o blogue de infantil e tamén o da nosa biblio.

Un saudiño**


A.L. from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 11 de mayo de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Que mellor para celebrar a semana das Letras Galegas que  un contiño en galego....

Así que puxémonos mans á obra, collimos as historias do Dragón Pepón que tanto nos gustan e este foi o resultado...... agardamos que pasedes un bo rato, porque nós puxemos moitas ganas e pasámolo moi ben.

Un saudiño**



A historia de Pepón from Departamento de orientación on Vimeo.

miércoles, 22 de abril de 2015

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Como xa sabedes o 23 de abril celébrase o DÍA MUNDIAL DO LIBRO. En este día conmemórase a morte de tres grandes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes , William Shakespeare e Garcilaso de la Vega .
A celebración do día mundial do libro surdiu a partir dunha iniciativa da UNESCO  co  obxectivo de valorar os libros e os seus autores; busca estimular o gusto pola lectura, fomentar a industria editorial e a protección da propiedade intelectual.  Pouco a pouco foise ampliando  a celebración en diferentes países ao redor do mundo, dada a importancia da lectura para o desenvolvemento da cultura.

A continuación deixovos un documento con algúns consellos para fomentar a lectura.

Un saudiño**


jueves, 26 de marzo de 2015

FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE

Sen a penas darnos conta chegamos xa ao final do segundo trimestre. Ao longo destes meses os nen@s de infantil traballaron un montón nas clases de estimulación da linguaxe.
A través de xogos con imaxes, sons, palabras....aprenderon moitas cousiñas e melloraron un montón a súa linguaxe.
Despois destas vacacións esperamos que volvan coas pilas ben cargadas para seguir traballando así de ben.

Aquí vos deixo un pequeno resumo dalgunhas das cousas que fixeron.

Que pasedes unhas boas vacacións.

Un saudiño**



2º trimestre from Departamento de orientación on Vimeo.