Moitas veces falamos da palabra PRAXIAS sen darnos conta de que é unha palabra que non todo o mundo utiliza habitualmente e da que moita xente incluso pode descoñecer o seu significado.
Entendemos por praxias: un sistema de movementos coordinados de maior ou menor dificultade que facemos cos beizos, a lingua, os músculos de preto da boca, a mandíbula ou o velo do padal, para pronunciar correctamente os diferentes fonemas . Ás veces atopámonos con nenos que non son capaces de articular debido a unha incorrecta coordinación dos movementos, e á vez isto é debido a que o ton muscular dos órganos encargados da fala non é o apropiado.
Para iso podemos reforzar estes movementos a través de xogos.
Aquí vos deixo algúns exemplos cos que poder traballar a mobilidade dos órganos fonoarticulatorios de forma divertida!!
Con este divertido vídeo os nenos pasarano en grande practicando as praxias á vez que traballan o outono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario