A succión dixital descríbese como un hábito común na infancia que se considera normal ata os 3 - 4 anos. Aínda que a maioría dos nenos que comezan a chuparse o polgar interrompen este costume cara aos 2 - 3 anos, nalgúns casos este hábito permanece ata os 6 - 12 anos.
Os riscos asociados á succión do polgar dependen da frecuencia, intensidade, duración e posición do dedo na boca. Pero nos casos máis graves descríbense alteracións alvéolodentais asociadas a este hábito, incluindo maloclusións, mordida aberta , mordida cruzada e deformacións faciais.
A presenza deste hábito despois dos 4 años produce cambios na tonicidade muscular de labios e bucinadores, retarda a súa maduración, dificulta a deglución normal provocando o que se coñece como deglución atípica, padal mais estreito e fendido, provocado pola presión do dedo sobre os dentes, o oso alveolar e o padal. Tamén pode afectar a outras funcións como a fonación, a respiración ou producir trastornos na linguaxe.
Outros problemas asociados a este hábito son a formación de callos, irritacións, deformación do dedo...
Correxir o hábito de succión do dedo no neno é unha tarefa difícil que conleva moita paciencia e esforzo por parte dos pais e especialistas. É importante destacar que non imos axudar ao neno a base de palabras fortes, castigos ou regaños, porque lexos de eliminalo, pódese reforzar a conducta e facela mais forte e marcada.
A continuación deixovos un video no que se aprecia perfectamente algunhas das alteracións que pode provocar unha succión do polgar prolongada no tempo.
Un saudiño**
No hay comentarios:
Publicar un comentario