lunes, 13 de noviembre de 2017

A IMPORTANCIA DAS EMOCIÓNS

Os nenos deben aprender a ler e a escribir, pero tamén deben aprender a controlar, xestionar e expresar as súas emocións. Aplicar a educación emocional tanto na aula como na casa axudará ao desenvolvemento intelectual do neno.
No cole é moi importante prestar atención e traballar as emocións en todas as idades, un recurso que nos gusta moito é o traballo a través de contos.
"El monstruo de colores" é un recurso para traballar as emocións cos mais pequenos dunha maneira moi gráfica, xa que usa a cor como eixe central do relato, con el aprenderemos a identificar as distintas emocións.













Aquí vos deixo o enlace ao conto dixital para que poidades velo cos vosos pequenos!!

Un saudiño**

            

No hay comentarios:

Publicar un comentario