lunes, 26 de septiembre de 2022

LEMBRANZAS EN INFANTIL

 Para dar comezo a este curso aquí vos deixamos un breve resumo de como rematou o anterior nas aulas de infantil coas sesións de estimulación da linguaxe.




Un saudiño**

sábado, 24 de septiembre de 2022

NOVO CURSO

 

O novo curso 22/23 xa está en marcha, levamos dúas semanas rodando e xa non hai quen nos pare!!!

Serán moitas as cousas que vos amosemos, nun curso xa sen limitacións pola covid, no que retomaremos unha morea de actividades.

DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DESEXÁMOSVOS UN BO CURSO A TOD@S!!!!


Un saudiño**



jueves, 29 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO EN INFANTIL

Para traballar polo día do libro en 6º de infantil decidimos facer unha actividade moi divertida, creamos o noso propio conto a través da evocación de imaxes e aquí tedes o resultado!!!




En 5º de infantil a actividade foi un pouquiño diferente...como vedes tiñamos unhas páxinas en branco e coa nosa imaxinación e creatividade a elas trouxemos algunhas das páxinas dos nosos contos favoritos, aquí tedes o resultado!!!


Un saudiño**

miércoles, 14 de abril de 2021

ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE

 O segundo trimestre veu cargado de actividades xeniais!!!!! velaí tedes algunhas imaxes; agora xa metidos no terceiro trimestre seguimos traballando e xogando un montón!!!!


Un saudiño**

martes, 22 de diciembre de 2020

Chegou o Nadal

 Para festexar que por fin chegou o Nadal e as tan esperadas vacacións, que mellor que ver este resumo de todas as nosas actividades con Pepón nas sesións de estimulación da linguaxe!!!!!


Un saudiño** e Felices Vacacións!!!!!!

viernes, 30 de octubre de 2020

A FESTA DE SAMAÍN

 A pesar de todos os cambios que trouxo este novo curso hai cousas que non se poden perder e os nosos festexos é unha desas cousas.

Adaptándonos ás circunstancias, con cambios, con novidades e con sentidiño... pasaremos un samaín de medo!!!

Para festexar este SaMaIn 2020, os nenos e nenas de 6º de infantil elaboramos un conto chulísimo a partir do xogo "a palabra misteriosa" ao que xogamos na clase de estimulación da linguaxe.

Cunha caixa máxica chea de palabras fumos elaborando esta breve historia, agardamos que vos guste!!

Un saudiño**

Samaín2020 from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 26 de octubre de 2020

Benvidos!!!!

 Benvidos/as un ano máis, a este pequeno espazo do noso cole!!!!

Xa levamos algo máis dun mes de clase deste curso tan diferente aos demais pero que comezamos con máis ganas e máis ilusión ca nunca!!!!

Non vos esquezades de pasarvos por aquí de vez en cando!!

Un saudiño**