jueves, 8 de enero de 2015

OS PICTOGRAMAS

Aquí estamos xa de volta coas pilas cargadas!!
Hoxe vou falar dos pictogramas.
Moitos de vós preguntaredes: que é un pictograma?
E velaí vai unha sinxela definición: 
Un pictograma é un signo claro e esquemático que representa un obxecto real, figura ou concepto. Sintetiza unha mensaxe que pode sinalar ou informar sobrepasando a barreira das linguas.  

Podemos atopalos en moitos contextos da vida diaria e aportan información útil coñecida por todos: 

 



Os pictogramas ademais son recursos de comunicación de carácter visual que serven, entre outras cousas, para facilitar a comunicación de necesidades ou estimular a expresión no caso de que existan carencias sensoriais, cognitivas ou ben un coñecemento insuficiente da lingua de comunicación. Por esta razón, os pictogramas constitúen un recurso capaz de adaptarse a diversos propósitos comunicativos na ensinanza que se desenvolve en contextos de diversidade.

Ademais de usar outro canal sensorial, a vista, unha das súas maiores vantaxes é que non son efímeros, como as mensaxes faladas ou signadas, senon  que permanecen no tempo e no espazo, permitindo a calquera acceder a eles en todo momento.

Os pictogramas son PERCEPTIBLES, SIMPLES e PERMANENTES. Estas cualidades son de gran axuda para calquera, pois todos necesitamos claves que nos axuden a entender o mundo e “ordealo” na nosa mente, pero  especialmente para os alumnos con dificultades de atención, memoria, linguaxe e trastornos xeneralizados do desenvolvemento.
“Ofrecerles ilustraciones es ampliarles fronteras, darles un nuevo mundo lleno de posibilidades, lleno de sensaciones que podemos extrapolar a otras facetas del aprendizaje” (Amparo Ruiz Espinosa). 


Aquí vos deixo un exemplo do útiles que poden ser os pictogramas!!


Un saudiño**