jueves, 18 de febrero de 2016

18 FEBREIRO: DÍA DAS PERSOAS CON ASPERGER

Hoxe gustaríame adicar unhas liñas do blogue a recordar que xa dende fai algúns anos o 18 de febreiro foi recoñecido como o DIA MUNDIAL DAS PERSOAS CON ASPERGER, e por iso  quero amosarvos na seguinte imaxe algúns aspectos importantes para coñecer un pouco mellor ás persoas con este trastorno.

Un saudiño**



miércoles, 16 de diciembre de 2015

BO NADAL!!!

Xa non queda nada para a chegada das vacacións de nadal, por iso aquí vos deixo unha pequena felicitación de parte de todo o Departamento de Orientación. Esta vez foron os alumnos de 4 anos os que colaboraron na actividade.
BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!

Saudiños**

jueves, 10 de diciembre de 2015

ASÍ FOI O TRABALLO DO 1º TRIMESTRE.....

Case sen darnos conta estamos xa ás portas do Nadal. Ao longo do trimestre os nenos de 4 e 5 anos traballaron un montón nas clases de audición e linguaxe, aprenderon moito e como non, tamén o pasaron moi ben con Pepón e as súas historias.
Aquí vos deixo o seu traballo en imaxes, agardamos que vos guste.

Un saudiño**



jueves, 3 de diciembre de 2015

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e por iso propóñovos que  si tedes uns minutos os adiquedes a ver a curtometraxe "Cuerdas"  escrita e dirixida por Pedro Solís García.  
A película, repleta de matices, narra unha fermosa historia de amizade entre dous rapaces moi especiais pero tamén é unha obra que fala de valores e ilusións; no ano 2014 gañou o premio Goya como mellor curtometraxe de animación española.
Non vos defraudará.

Un saudiño**



martes, 17 de noviembre de 2015

CHEGOU O MAGOSTO

Para festexar a chegada do Magosto, os nenos de 5 anos A, ao igual que xa fixeran os seus compis polo Samaín,  realizaron nas clases de audición e linguaxe  un conto moi chulo que vos deixo aqui para que lle votedes un ollo e vexades o ben que traballaron e como se divertiron.

Un saudiño**

lunes, 9 de noviembre de 2015

CHEGOU O SAMAÍN

Para festexar a chegada do Samaín, os nenos de 5 anos fixeron nas clases de audición e linguaxe  un conto moi gracioso que vos deixo aqui para que lle votedes un ollo e vexades canto traballan e como se divirten.

Un saudiño**



CONTO SAMAIN2015 from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 28 de septiembre de 2015

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2015-2016

Pepón quere darvos a benvida a este novo curso 2015-2016, no que nos esperan moitas actividades, traballos, novidades, xogos, sorpresas...
Aquí vos deixa a súa particular benvida.

Un saudiño**



STOP MOTION PEPON from Departamento de orientación on Vimeo.