Nas clases de estimulación da linguaxe non quixemos deixar pasar a oportunidade de poñer o noso gran de area no celebración do Día da Poesía.....
E axudados por Pepón....fixemos esta divertida actividade!!!
Un saudiño**
Día da poesía from Departamento de orientación on Vimeo.
viernes, 8 de abril de 2016
jueves, 17 de marzo de 2016
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE EN INFANTIL
Chegamos ao final doutro trimestre e non quería deixar a oportunidade de amosarvos o moito que traballan os rapaces de infantil nas clases de A.L. mentres disfrutan, xogan e aprenden co Dragón Pepón a mascota que nos acompaña dende fai xa tres aniños, aprender os sons, as letras, novas palabras co seu xénero e o seu número, comprender as secuencias temporais etc. tamén pode ser divertido!!
Velaí vos vai este pequeno resumo.
Un saudiño**miércoles, 16 de marzo de 2016
UNHA RECOMENDACIÓN
Acabo de descubrir esta breve curtometraxe "The present" (el regalo), un corto que emociona e fai reflexionar onde o protagonista, un rapaz que polos comentarios da nai non sae moito da casa, un día recibe un regalo de súa nai que non recibe con moita ilusión.... o resto invitote a velo porque merece a pena.
O corto está baseado nunha tira cómica do ilustrador brasileiro Fabio Coala.
Un saudiño**
O corto está baseado nunha tira cómica do ilustrador brasileiro Fabio Coala.
Un saudiño**
jueves, 18 de febrero de 2016
18 FEBREIRO: DÍA DAS PERSOAS CON ASPERGER
Hoxe gustaríame adicar unhas liñas do blogue a recordar que xa dende fai algúns anos o 18 de febreiro foi recoñecido como o DIA MUNDIAL DAS PERSOAS CON ASPERGER, e por iso quero amosarvos na seguinte imaxe algúns aspectos importantes para coñecer un pouco mellor ás persoas con este trastorno.
Un saudiño**
Un saudiño**
miércoles, 16 de diciembre de 2015
BO NADAL!!!
Xa non queda nada para a chegada das vacacións de nadal, por iso aquí vos deixo unha pequena felicitación de parte de todo o Departamento de Orientación. Esta vez foron os alumnos de 4 anos os que colaboraron na actividade.
BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!
Saudiños**
BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!
Saudiños**
jueves, 10 de diciembre de 2015
ASÍ FOI O TRABALLO DO 1º TRIMESTRE.....
Case sen darnos conta estamos xa ás portas do Nadal. Ao longo do trimestre os nenos de 4 e 5 anos traballaron un montón nas clases de audición e linguaxe, aprenderon moito e como non, tamén o pasaron moi ben con Pepón e as súas historias.
Aquí vos deixo o seu traballo en imaxes, agardamos que vos guste.
Un saudiño**
Aquí vos deixo o seu traballo en imaxes, agardamos que vos guste.
Un saudiño**
jueves, 3 de diciembre de 2015
3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Hoxe é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e por iso propóñovos que si tedes uns minutos os adiquedes a ver a curtometraxe "Cuerdas" escrita e dirixida por Pedro Solís García.
A película, repleta de matices, narra unha fermosa historia de amizade entre dous rapaces moi especiais pero tamén é unha obra que fala de valores e ilusións; no ano 2014 gañou o premio Goya como mellor curtometraxe de animación española.Non vos defraudará.
Un saudiño**
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


