Para festexar que por fin chegou o Nadal e as tan esperadas vacacións, que mellor que ver este resumo de todas as nosas actividades con Pepón nas sesións de estimulación da linguaxe!!!!!
martes, 22 de diciembre de 2020
viernes, 30 de octubre de 2020
A FESTA DE SAMAÍN
A pesar de todos os cambios que trouxo este novo curso hai cousas que non se poden perder e os nosos festexos é unha desas cousas.
Adaptándonos ás circunstancias, con cambios, con novidades e con sentidiño... pasaremos un samaín de medo!!!
Para festexar este SaMaIn 2020, os nenos e nenas de 6º de infantil elaboramos un conto chulísimo a partir do xogo "a palabra misteriosa" ao que xogamos na clase de estimulación da linguaxe.
Cunha caixa máxica chea de palabras fumos elaborando esta breve historia, agardamos que vos guste!!
Un saudiño**
Samaín2020 from Audición y lenguaje on Vimeo.
lunes, 26 de octubre de 2020
Benvidos!!!!
Benvidos/as un ano máis, a este pequeno espazo do noso cole!!!!
Xa levamos algo máis dun mes de clase deste curso tan diferente aos demais pero que comezamos con máis ganas e máis ilusión ca nunca!!!!
Non vos esquezades de pasarvos por aquí de vez en cando!!
Un saudiño**
lunes, 25 de mayo de 2020
AS NOSAS RECEITAS
Hoxe traio por fin a recompilación de receitas que creamos en 3º, deixovos un vídeo coas imaxes deste grupo de artistas e un receitario onde se recollen todas as súas receitas, anímovos a facelas porque todas teñen unha pinta estupenda!!!!
Esperemos que vos guste
Un saudiño**
As receitas de 3º from Audición y lenguaje on Vimeo.
miércoles, 20 de mayo de 2020
ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO FONDO DE LIBROS E VALES DE MATERIAL ESCOLAR
Un saudiño**
PINCHA AQUÍ
jueves, 14 de mayo de 2020
CONTOS MOI RECOMENDADOS
Hoxe remítome a unha das nosas publicacións antigas onde recomendaba unha serie de contos para a estimulación da linguaxe tanto para profes como para pais/nais.
Botádelle un ollo!!
http://orientacioncordoboullosa.blogspot.com/2014/02/moi-recomendados.html
Un saudiño**
lunes, 4 de mayo de 2020
ASÍ CONMEMORAMOS EN 3º O DÍA DO LIBRO
Tamén axuda a desenvolver as capacidades mentais do máis pequenos:
- Linguaxe: A través da lectura, os pequenos amplian o seu vocabulario e aprenden frases cada vez máis complicadas. Debemos, polo tanto, ler aos nenos en voz alta, interpretando os textos.
- Capacidade de abstracción: Os nenos establecen a relación entre os obxectos que viron na realidad e a representación dos mesmos nas ilustracións. Pasando en consecuencia, a un nivel de abstracción.
- Imaxinación: A partir das imaxes e do texto, os nenos constrúen as súas propias representacións, amplian e organizan o seu universo
Por todo isto e moitos máis aspectos, a pesar de estar na casa non quixemos pasar sen conmemorar o Día do libro 2020, e esta foi a actividade que realizamos.
Agardamos que vos guste.
Un saudiño**
Día do libro Parte1 from Audición y lenguaje on Vimeo.
Día do libro Parte2 from Audición y lenguaje on Vimeo.

