O principal obxectivo deste día é sensibilizar á poboación mundial sobre un trastorno que ano tras ano afecta a máis persoas. É moi importante conseguir que as persoas con autismo ao igual que as súas familias poidan vivir dunha forma plena e se lles recoñezan e se leven a cabo todos aqueles dereitos que lles corresponden.
Neste día tamén se pon de manifesto a necesidade de mellorar as condicións dos nenos e dos adultos que teñen este trastorno.
Velaí vai un pequeno corto de animación que nos achega ao mundo das familias de nenos con autismo
Este corto realizado polo pai dunha nena con autismo, é unha pequena excursión ao mundo interior dunha nena; unha viaxe chea de cor, amor, creatividade e orixinalidade, que nace no percorrido duns pais que ven que a súa filla compórtase dunha maneira especial, ata confirmar o diagnóstico: autismo.
HOXE ELEXIMOS A COR AZUL!!!!!
Un saudiño **
No hay comentarios:
Publicar un comentario