O día 23 de Abril celébrase, anualmente, o Día do Libro para nenos en todo o mundo co obxectivo principal de fomentar a lectura, non so en nenos, senon en toda a xente.
O 23 de abril foi a data elexida como Día internacional do Libro porque xusto en ese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos escritores máis recoñecidos mundialmente e xenios da literatura.O día do libro é ideal para que os nenos comprendan o valor da literatura e así fomentar e despertar a súa pasión polos libros e pola lectura.O máis importante é que cada neno atope o seu libro ideal, que lle guste, que lle apasione. A cada un lle gustarán temas diferentes, historias de amor, aventuras, novelas de terror, calquera libro é válido para desenvolver a creatividad e a imaxinación dos nenos, e eso sempre é bo e saudable para a mente.
Aquí vos deixo un divertido conto infantil animado. Un conto que fomenta a lectura e a imaxinación dos nenos xunto a Roberto, un neno moi inquedo que quere coñecer o segredo das nubes.
Un saudiño**
No hay comentarios:
Publicar un comentario