miércoles, 28 de mayo de 2014

O NOSO PRIMEIRO PDI

Antes de nada é importante facernos unha pregunta...... sabemos o que é un PDI?
Pois os proxectos documentais integrados (PDI) son actividades nas que os alumnos/as ademais de investigar sobre un tema ou problema concreto familiarízase cos mecanismos de busca da información e traballo intelectual usando os recursos que ofrece a biblioteca escolar.

Son proxectos porque se desenvolven mediente unha metodoloxía activa e colaborativa que permite traballar as competencias básicas; son documentais porque os documentos cos que traballan axudan a que o alumnado constrúa o seu coñecemento, sexan creativos e capaces de comunicar o que entenden e finalmente son integrados porque permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para achegar o mundo escolar á vida cotiá.

Este ano puxemos en marcha o noso primeiro PDI no que participou todo o alumnado do centro.
Pepón a mascota de Audición e Linguaxe quixo aportar o seu graíño de area por iso os alumnos de infantil tamén traballaron aspectos do PDI durante as clases de estimulación da linguaxe.

Velaí vai o noso traballo agardamos que vos guste porque nós pasámolo en grande e aprendimos un montón de cousas.




Se vos soubo a pouco, podedes ver moitas máis cousiñas do PDI do cole na páxina da nosa biblioteca!!

Un saudiño**


No hay comentarios:

Publicar un comentario