lunes, 4 de diciembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Onte 4 de decembro  celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha acción impulsada pola Asamblea Xeral da ONU dende o ano 1992 co obxectivo de informar e sensibilizar á sociedade sobre a realidade e as necesidades das persoas con discapacidade, así como destacar a importancia da súa integración en todos os ámbitos da vida.




  






"As persoas como as aves son diferentes nos seus voos pero iguais no seu dereito a voar"

<<Todos deberíamos recibir una ovación al menos una vez en nuestra vida, porque todos vencemos al mundo>> Auggie.

Este é un breve fragmento dun libro que todo o mundo debería animarse a ler, unha obra que nos fai pensar e poñernos no punto de vista dos demais, neste caso no do protagonista pero, unha vez remata a lectura, no punto de vista de calquera persoa que poida ser xulgada a simple vista pola súa apariencia, actitude ou por algunha discapacidade.
Achéganos unha historia chea de esperanza, amor, amizade e moitas aprendizaxes a través da historia de August Pullman un neno de 10 anos que está a piques de comezar a súa vida escolar. August é un neno amable, noble e cun corazón enorme e incomprendido, pero o seu aspecto físico difire un pouco do aspecto do resto de nenos da súa idade, pois naceu cunha estraña enfermidade, unha "disostosis mandibulofacial" pouco coñecida e pola que tivo que someterse a multitude de operacións.
Nesta nova etapa o protagonista aprenderá algo que a pesar de ser vital para superar os obstáculos que se presentan ao longo da vida, non aprendes nos libros de texto: crecerse ante as adversidades, aceptarse tal e como un é, sorrir nos días grises e saber, que ao final, sempre atoparás unha man amiga.








No hay comentarios:

Publicar un comentario