sábado, 29 de octubre de 2016

CHEGOU O SAMAÍN

Este ano para festexar a chegada do Samaín os pequenos de 6º de infantil nas clases de Audición e Linguaxe, elaboraron un contiño.
Fixémolo intentando aplicar unha variante dunha estrutura de traballo cooperativo FICHA XIRATORIA!!....e velaí tedes o resultado, Agardamos que vos guste!!

Un saudiño**

   
CONTOSAMAÍN2016 from Departamento de orientación on Vimeo.

viernes, 16 de septiembre de 2016

CHEGOU UN NOVO CURSO!!!

Xa estamos aquí de novo...iniciando un novo curso escolar con moitas ganas, ilusión e enerxía!!
Como xa levo facendo estes últimos anos a través do blogue poderedes ver como van as clases de estimulación da linguaxe en infantil, novidades, recomendacións.... e moitas máis cousas que espero vos agraden e vos sexan útiles.


Un saudiño** e BO COMEZO DE CURSO!!!!


Presentación Pepón from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 11 de abril de 2016

ENTENDER AOS NENOS CON AUTISMO

Como ben sabedes o día 2 de abril foi o día mundial da concienciación sobre o autismo,  e por iso gustaríame que adicarades dous minutos a ver o video que a Asociación Nacional de Autismo do Reino Unido publicou para que intentemos comprender como se sinte un neno con autismo ante unha gran cantidade de estímulos.

No noso pais, a Confederación de Asociacións do Autismo lanzou tamén unha capaña para promover a TOLERANCIA, INCLUSIÓn e o RESPETO nos entornos con nenos autistas.


pictos

Un saudiño**

           

viernes, 8 de abril de 2016

ACTIVIDADES DÍA DA POESÍA

Nas clases de estimulación da linguaxe non quixemos deixar pasar a oportunidade de poñer o noso gran de area no celebración do Día da Poesía.....
E axudados por Pepón....fixemos esta divertida actividade!!!

Un saudiño**    
  
                    
                                  Día da poesía from Departamento de orientación on Vimeo.

jueves, 17 de marzo de 2016

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE EN INFANTIL

Chegamos ao final doutro trimestre e non quería deixar a oportunidade de amosarvos o moito que traballan os rapaces de infantil nas clases de A.L. mentres disfrutan, xogan e aprenden co Dragón Pepón a mascota que nos acompaña dende fai xa tres aniños, aprender os sons, as letras, novas palabras co seu xénero e o seu número, comprender as secuencias temporais  etc. tamén pode ser divertido!!
Velaí vos vai este pequeno resumo.

Un saudiño**

                  

miércoles, 16 de marzo de 2016

UNHA RECOMENDACIÓN

Acabo de descubrir esta breve curtometraxe "The present" (el regalo), un corto que emociona e fai reflexionar onde o protagonista, un rapaz que polos comentarios da nai non sae moito da casa, un día recibe un regalo de súa nai que  non recibe con moita ilusión.... o resto invitote a velo porque merece a pena. 
O corto está baseado nunha tira cómica do ilustrador brasileiro Fabio Coala. 

Un saudiño**