Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS DO DEPARTAMENTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS DO DEPARTAMENTO. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de marzo de 2020

MEDIDAS A ADOPTAR NOS CENTROS EDUCATIVOS

AVISO URXENTE:

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

jueves, 20 de diciembre de 2018

Xoguetes para a igualdade

Este ano a Secretaría Xeral de Igualdade puxo en marcha unha campaña de nadal : " Xoguetes para a igualdade" dirixida tanto á sociedade en xeral como á comunidade educativa en particular.

Dende o centro unímonos a esta campaña non so neste nadal senon a diario, tentando promover a igualdade entre nenos e nenas, transmitindo ao alumnado valores baseados na igualdade, sen estereotipos sexistas, sendo esta educación fundamental á hora de erradicar a violencia de xénero.
Algúns exemplos son a participación no certame de debuxo "EuTomoParte" que podedes ver no seguinte enlace:
http://terceirociclocordoboullosa.blogspot.com/2018/11/non-violencia-de-xenero.html

Ou as actividades o 25 de novembro "Día internacional contra a violencia de xénero":
http://curicuxa.blogspot.com/2018/11/neste-cole-damos-cara-contra-violencia.html


A través de esta campaña preténdese recalcar que:
- Non hai xoguetes de nenas  nenos.
- Non hai cores de nenas e nenos.
- Se escollan xoguetes que favorezan as relacións igualitarias e colaboradoras entre nenas e nenos.
- Se elixan xoguetes que reflictan a diversidade de cada persoa.
- Ter claro que os xogos e os xoguetes educan.
- Se intente que os xoguetes favorezan a igualdade na participación.
- Xunten nenas e nenos cooperando e compartindo espazos.
- Axuden a promover as capacidades e habilidades persoais.
- A importancia de que os xoguetes sexan supervidados por adultos.





Un saudiño**

e

BO NADAL!!!!!




lunes, 14 de noviembre de 2016

CAMPAÑA LIBROS POR KILOS

Dende o 14 de novembro e ata o 9 de decembro temos na entrada do cole unha exposición de libros, calquera membro da comunidade educativa poderá levar un deses libros a cambio dun kilo de comida: fariña, fabas, azucre, lentellas, garavanzos ou algunha conserva.
Todos os alimentos recadados serán levados a "Cáritas" Ponte Caldelas.

Gracias de antemán por colaborar na campaña:   LIBROS POR KILOS.



lunes, 11 de abril de 2016

ENTENDER AOS NENOS CON AUTISMO

Como ben sabedes o día 2 de abril foi o día mundial da concienciación sobre o autismo,  e por iso gustaríame que adicarades dous minutos a ver o video que a Asociación Nacional de Autismo do Reino Unido publicou para que intentemos comprender como se sinte un neno con autismo ante unha gran cantidade de estímulos.

No noso pais, a Confederación de Asociacións do Autismo lanzou tamén unha capaña para promover a TOLERANCIA, INCLUSIÓn e o RESPETO nos entornos con nenos autistas.


pictos

Un saudiño**

           

miércoles, 24 de septiembre de 2014

BENVID@S A ESTE NOVO CURSO!!!!

         Dende o Departamento de Orientación queremos darvos a benvida a este novo curso escolar 2014/2015. Alumnos e mestres xa nos puxemos en marcha para dar o mellor de nós. Como o pasado curso tentaremos mantervos informados de novidades, actividades... ademais de seguir ofrecendo consellos que vos sexan de utilidade.         

Aquí vos deixo unha mensaxe de Pepón, a mascota de audición e linguaxe coa que queda inaugurado o novo curso escolar!!!!

Un saudiño**




miércoles, 28 de mayo de 2014

O NOSO PRIMEIRO PDI

Antes de nada é importante facernos unha pregunta...... sabemos o que é un PDI?
Pois os proxectos documentais integrados (PDI) son actividades nas que os alumnos/as ademais de investigar sobre un tema ou problema concreto familiarízase cos mecanismos de busca da información e traballo intelectual usando os recursos que ofrece a biblioteca escolar.

Son proxectos porque se desenvolven mediente unha metodoloxía activa e colaborativa que permite traballar as competencias básicas; son documentais porque os documentos cos que traballan axudan a que o alumnado constrúa o seu coñecemento, sexan creativos e capaces de comunicar o que entenden e finalmente son integrados porque permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para achegar o mundo escolar á vida cotiá.

Este ano puxemos en marcha o noso primeiro PDI no que participou todo o alumnado do centro.
Pepón a mascota de Audición e Linguaxe quixo aportar o seu graíño de area por iso os alumnos de infantil tamén traballaron aspectos do PDI durante as clases de estimulación da linguaxe.

Velaí vai o noso traballo agardamos que vos guste porque nós pasámolo en grande e aprendimos un montón de cousas.




Se vos soubo a pouco, podedes ver moitas máis cousiñas do PDI do cole na páxina da nosa biblioteca!!

Un saudiño**


miércoles, 23 de abril de 2014

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O día 23 de Abril celébrase, anualmente, o Día do Libro para nenos en todo o mundo co obxectivo principal de fomentar a lectura, non so en nenos, senon en toda a xente.
O 23 de abril foi a data elexida como Día internacional do Libro porque xusto en ese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos escritores máis recoñecidos mundialmente e xenios da literatura.O día do libro é ideal para que os nenos comprendan o valor da literatura e así fomentar e despertar a súa pasión polos libros e pola lectura.O máis importante é que cada neno atope o seu libro ideal, que lle guste, que lle apasione. A cada un lle gustarán temas diferentes, historias de amor, aventuras, novelas de terror, calquera libro é válido para desenvolver a creatividad e a imaxinación dos nenos, e eso sempre é bo e saudable para a mente.


Aquí vos deixo un divertido conto infantil animado. Un conto que fomenta a lectura e a imaxinación dos nenos xunto a Roberto, un neno moi inquedo que quere coñecer o segredo das nubes.


Un saudiño**

miércoles, 2 de abril de 2014

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.
O principal obxectivo deste día é sensibilizar á poboación mundial sobre un trastorno que ano tras ano afecta a máis persoas. É moi importante conseguir que as persoas  con autismo ao igual que as súas familias poidan vivir dunha forma plena e se lles recoñezan e se leven a cabo todos aqueles dereitos que lles corresponden. 
Neste día tamén se pon de manifesto a necesidade de mellorar as condicións dos nenos e dos adultos que teñen este trastorno.



Velaí vai un pequeno corto de animación que nos achega ao mundo das familias de nenos con autismo 
Este corto realizado polo pai dunha nena con autismo, é unha pequena excursión ao mundo interior dunha nena; unha viaxe chea de cor, amor, creatividade e orixinalidade, que nace no percorrido duns pais que ven que a súa filla compórtase dunha maneira especial, ata confirmar o diagnóstico: autismo.

HOXE ELEXIMOS  A COR AZUL!!!!!

Un saudiño **

lunes, 10 de febrero de 2014

TÉCNICAS DE ESTUDO

Hoxe quero falarvos das técnicas de estudo.

As técnicas de estudo ou estratexias de estudo, xeralmente son axudas para acadar o éxito na escola. Hai unha gran variedade de técnicas de estudo, que poden enfocarse no proceso de organizar, coller e reter nova información ou superar exames. Inclúense tamén técnicas directamente implicadas no propio proceso do estudo; tales como a planificación de dita actividade, o subliñado, o resumo.... e outras  estratexias complementarias.
Aquí vos deixo un pequeno documento sobre algunhas desta técnicas que pode ser de gran axuda aos nenos á hora de enfrentarse ao estudo e obter os resultados esperados.

Espero que vos sirva de axuda.

Un saudiño** 




lunes, 9 de diciembre de 2013

O BLOGUE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COMEZA A SÚA ANDAINA

Boas e benvidos a tod@s!! Neste blogue do departamento de orientación (D.O.) que hoxe comezamos, atoparedes un montón de cousiñas para que poidades ver as actividades que realiza a mestra de Audición e Linguaxe (A.L.) nas sesións de estimulación da linguaxe oral nas aulas de Educación Infantil pero tamén información, consellos, materiais.... que vos poden ser de gran utilidade. 

Anímovos a que de cando en vez lle botelles unha ollada!!!


Un saudiño**