jueves, 12 de marzo de 2020

MEDIDAS A ADOPTAR NOS CENTROS EDUCATIVOS

AVISO URXENTE:

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

miércoles, 27 de noviembre de 2019

Día do mestre

Hoxe 27 de novembro celebramos o DÍA DO MESTRE. En España celebramos este día na honra de San José de Calasanz, un sacerdote e pedagogo considerado como o precursor da educación moderna. Foi un firme defensor da ensinanza gratuíta universal e un dos primeiros mestres en expor a formación profesional, tamén loitou porque en cada país utilizaran a lingua nacional ademais do latín.

     

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Iniciamos a andaina do blogue neste curso 19-20, adicándollo a unha data moi significativa para todos os coles O Día Das Bibliotecas!!!
 Nesta ocasión foron @s alumn@s de 5º de E.I os que nos deixan claro porque lles gusta ir á nosa biblio, aquí tedes as súas respostas:

DÍA DAS BIBLIOS from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 13 de mayo de 2019

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE NO DÍA DO LIBRO

Durante a semana de festexos polo Día do Libro, nas clases de estimulación da linguaxe co alumnado de 6º de E.Infantil propuxemos unha actividade para, por un lado deixar voar a súa creatividade decorando o seu libro favorito, e polo outro aproveitar para contarlle aos seus compañeiros e compañeiras cales eran eses libros e así potenciar a expresión oral e a interacción.

Velaí tedes os resultados!!

lunes, 28 de enero de 2019

TRABALLANDO COA LINGUAXE

NUN ABRIR E PECHAR DE OLLOS XA VAI ALÁ MEDIO CURSO E NON QUERÍA DEIXAR PASAR MÁIS TEMPO SER AMOSARVOS O BEN QUE TRABALLAN OS/AS NOS@S NENOS/AS NAS CLASES DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE!! ENTRE CONTO E CONTO DA NOSA MASCOTA PEPÓN, XOGAMOS COAS PALABRAS, IDENTIFICAMOS SONS...

 

jueves, 20 de diciembre de 2018

Xoguetes para a igualdade

Este ano a Secretaría Xeral de Igualdade puxo en marcha unha campaña de nadal : " Xoguetes para a igualdade" dirixida tanto á sociedade en xeral como á comunidade educativa en particular.

Dende o centro unímonos a esta campaña non so neste nadal senon a diario, tentando promover a igualdade entre nenos e nenas, transmitindo ao alumnado valores baseados na igualdade, sen estereotipos sexistas, sendo esta educación fundamental á hora de erradicar a violencia de xénero.
Algúns exemplos son a participación no certame de debuxo "EuTomoParte" que podedes ver no seguinte enlace:
http://terceirociclocordoboullosa.blogspot.com/2018/11/non-violencia-de-xenero.html

Ou as actividades o 25 de novembro "Día internacional contra a violencia de xénero":
http://curicuxa.blogspot.com/2018/11/neste-cole-damos-cara-contra-violencia.html


A través de esta campaña preténdese recalcar que:
- Non hai xoguetes de nenas  nenos.
- Non hai cores de nenas e nenos.
- Se escollan xoguetes que favorezan as relacións igualitarias e colaboradoras entre nenas e nenos.
- Se elixan xoguetes que reflictan a diversidade de cada persoa.
- Ter claro que os xogos e os xoguetes educan.
- Se intente que os xoguetes favorezan a igualdade na participación.
- Xunten nenas e nenos cooperando e compartindo espazos.
- Axuden a promover as capacidades e habilidades persoais.
- A importancia de que os xoguetes sexan supervidados por adultos.





Un saudiño**

e

BO NADAL!!!!!




lunes, 3 de diciembre de 2018

HOXE 3 DE DECEMBRO...

O 3 de decembro foi a data adoptada polo movemento asociativo das persoas con discapacidade e dos seus familiares en todo o mundo para reivindicar dereitos, calidade de vida e condicións de desenvolvemento social acordes coa dignidade das persoas coa discapacidade.