viernes, 3 de abril de 2020

Actividades de expresión oral

Xa chegamos ao fin deste 2º trimestre, un trimestre que comezou como calquera outro pero que remata dunha forma completamente diferente e inesperada.
Pero non por iso imos deixar de valorar todo o esforzo e traballo realizado nestes meses, por iso hoxe quero que o alumnado de 3º vexa reflictido ese esforzo e traballo que levou na preparación dun dos temas desta avaliación "OS ANIMAIS VERTEBRADOS"; foi un traballo de reforzo e de expresión oral en galego estupendo.
Disculpade polos erros provocados polos nervios e os medos do directo.

Agardo que vos guste.
E como sempre, non nos cansamos de repetir que MOITO ÁNIMO A TOD@S!!! Agardo que nos vexamos pronto.

Os animais vertebrados from Audición y lenguaje on Vimeo.


Un saudiño**

jueves, 2 de abril de 2020

2 ABRIL....

Hoxe é 2 de ABRIL, día mundial de concienciación sobre o autismo; hoxe é un día raro, diferente....pero a pesar das circunstancias que nos rodean non debemos esquecernos da importancia desta data.

Un día no que agora mais que nunca son moi importantes as campañas de concienciacións para visibilizar a realidade do colectivo e  sobre todo as súas necesidades.

A continuación deixovos un corto en forma de pequeno relato "Mi hermanito de la Luna", no que a irmá dun neno con autismo conta como é de diferente a súa vida co seu irmán, do cal fala a través dunha bonita metáfora que pretende ilustrar a percepción que se ten das persoas con autismo como se viviran "noutro mundo".
 

Tamén deixo este enlace para poder coñecer un pouco mais ás persoas que sofren este trastorno.

http://www.autismo.org.es/sobre-los-TEA

jueves, 12 de marzo de 2020

MEDIDAS A ADOPTAR NOS CENTROS EDUCATIVOS

AVISO URXENTE:

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

miércoles, 27 de noviembre de 2019

Día do mestre

Hoxe 27 de novembro celebramos o DÍA DO MESTRE. En España celebramos este día na honra de San José de Calasanz, un sacerdote e pedagogo considerado como o precursor da educación moderna. Foi un firme defensor da ensinanza gratuíta universal e un dos primeiros mestres en expor a formación profesional, tamén loitou porque en cada país utilizaran a lingua nacional ademais do latín.

     

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Iniciamos a andaina do blogue neste curso 19-20, adicándollo a unha data moi significativa para todos os coles O Día Das Bibliotecas!!!
 Nesta ocasión foron @s alumn@s de 5º de E.I os que nos deixan claro porque lles gusta ir á nosa biblio, aquí tedes as súas respostas:

DÍA DAS BIBLIOS from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 13 de mayo de 2019

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE NO DÍA DO LIBRO

Durante a semana de festexos polo Día do Libro, nas clases de estimulación da linguaxe co alumnado de 6º de E.Infantil propuxemos unha actividade para, por un lado deixar voar a súa creatividade decorando o seu libro favorito, e polo outro aproveitar para contarlle aos seus compañeiros e compañeiras cales eran eses libros e así potenciar a expresión oral e a interacción.

Velaí tedes os resultados!!

lunes, 28 de enero de 2019

TRABALLANDO COA LINGUAXE

NUN ABRIR E PECHAR DE OLLOS XA VAI ALÁ MEDIO CURSO E NON QUERÍA DEIXAR PASAR MÁIS TEMPO SER AMOSARVOS O BEN QUE TRABALLAN OS/AS NOS@S NENOS/AS NAS CLASES DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE!! ENTRE CONTO E CONTO DA NOSA MASCOTA PEPÓN, XOGAMOS COAS PALABRAS, IDENTIFICAMOS SONS...