Seguimos insistindo na importancia da estimulación da linguaxe dos máis pequenos da casa, hai milleiros de recursos ao alcance das nosas mans, con moi pouca cousa (ao contrario do que moitas veces cremos) podemos facer moito.
Hoxe remítome a unha das nosas publicacións antigas onde recomendaba unha serie de contos para a estimulación da linguaxe tanto para profes como para pais/nais.
Botádelle un ollo!!
http://orientacioncordoboullosa.blogspot.com/2014/02/moi-recomendados.html
Un saudiño**
jueves, 14 de mayo de 2020
lunes, 4 de mayo de 2020
ASÍ CONMEMORAMOS EN 3º O DÍA DO LIBRO
Sabemos o importante que é a lectura a todas as idades, son moitos os
aspectos positivos vinculados a esta actividade. Está máis que comprobado que exercitar a mente mediante a lectura
favorece a concentración e axuda a mellorar algunhas habilidades sociais como a empatía, prevén a dexeneración cognitiva...
Por todo isto e moitos máis aspectos, a pesar de estar na casa non quixemos pasar sen conmemorar o Día do libro 2020, e esta foi a actividade que realizamos.
Agardamos que vos guste.
Un saudiño**
Día do libro Parte1 from Audición y lenguaje on Vimeo.
Día do libro Parte2 from Audición y lenguaje on Vimeo.
Tamén axuda a desenvolver as capacidades mentais do máis pequenos:
- Memoria: Os nenos son capaces de contar un conto incluso se
todavía non teñen adquirida a capacidade de lectura, as imágenes axúdanlles a
rememorar a historia e a poder relatala..
- Linguaxe: A través da lectura, os pequenos amplian o seu vocabulario e aprenden frases cada vez máis complicadas. Debemos, polo tanto, ler aos nenos en voz alta, interpretando os textos.
- Capacidade de abstracción: Os nenos establecen a relación entre os obxectos que viron na realidad e a representación dos mesmos nas ilustracións. Pasando en consecuencia, a un nivel de abstracción.
- Imaxinación: A partir das imaxes e do texto, os nenos constrúen as súas propias representacións, amplian e organizan o seu universo
Sen esquecer que a lectura enriquece e moito a
relación adulto-neno.- Linguaxe: A través da lectura, os pequenos amplian o seu vocabulario e aprenden frases cada vez máis complicadas. Debemos, polo tanto, ler aos nenos en voz alta, interpretando os textos.
- Capacidade de abstracción: Os nenos establecen a relación entre os obxectos que viron na realidad e a representación dos mesmos nas ilustracións. Pasando en consecuencia, a un nivel de abstracción.
- Imaxinación: A partir das imaxes e do texto, os nenos constrúen as súas propias representacións, amplian e organizan o seu universo
Por todo isto e moitos máis aspectos, a pesar de estar na casa non quixemos pasar sen conmemorar o Día do libro 2020, e esta foi a actividade que realizamos.
Agardamos que vos guste.
Un saudiño**
Día do libro Parte1 from Audición y lenguaje on Vimeo.
Día do libro Parte2 from Audición y lenguaje on Vimeo.
viernes, 1 de mayo de 2020
LEMBRANZAS DE PEPÓN
Fai uns días comentabamos a importancia de non esquecer a estimulación da linguaxe cos máis pequenos e hoxe queremos, xunto co Dragón Pepón, lembrar todo o que fixemos ao longo destes meses que souberon a moi pouco!!
Un saudiño**
Estimulación da linguaxe en infantil from Audición y lenguaje on Vimeo.
Un saudiño**
Estimulación da linguaxe en infantil from Audición y lenguaje on Vimeo.
lunes, 27 de abril de 2020
AS NOSAS MASCOTAS
Nestas semanas que non podemos estar xuntos, propoñévosvos actividades como estas, que nos axudan a estar máis preto uns dos outros a pesar das distancias.
Agardamos que vos guste
Un saudiño**
mascotas from Audición y lenguaje on Vimeo.
Agardamos que vos guste
Un saudiño**
mascotas from Audición y lenguaje on Vimeo.
martes, 21 de abril de 2020
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL NA CASA
O
coronavirus é unha realidade que lamentablemente a día de hoxe aféctanos a
todos e os rapaces/as non son unha
excepción. É un tema importante e os nenos agradecerán saber que está pasando. Falar
con eles sobre o tema é un exercicio de
responsabilidade, pero sobre todo unha maneira de informalos e que comprendan
mellor a situación.
Aquí vos
deixo o enlace a un vídeo que pode servir de moita axuda:
Tamén son importantes as
rutinas, manter as súas rutinas diarias sempre dentro das posibilidades da
familia, debería ser unha das primeiras medidas necesarias para todos. Sobre
todo agora que o cole permanecerá pechado, non sabemos durante canto tempo. Podedes empezar por programar os días cun
horario regular que vai a depender sempre claro está da situación laboral de
cada pai, nai, avó...
E como non ... tan importante,
sobre todo nos máis cativos, a evolución da linguaxe. Como ben sabedes ao longo
do curso cos nenos/as de 4 e 5 anos realizabamos unha vez á semana unha sesión
de estimulación da linguaxe para desenvolver o P.E.L.O (programa de
estimulación da linguaxe oral). Nelas como xa vos comentamos ao inicio do curso
traballamos dunha maneira directa os diferentes aspectos que se engloban na comunicación
e na linguaxe pero sempre dunha forma lúdica, entretida... con xogos, fichas, vídeos...
Déixovos uns enlaces que poden
darvos ideas de como xogar con eles á vez que mantemos e melloramos o traballo
realizado durante o curso. Dunha maneira xeral propóñovos traballar un ratiño
cada día os diferentes aspectos da linguaxe:
Tampouco debemos esquecernos do
exercicio físico, nestes momentos nos que estamos na casa, abusar do
sedentarismo sería máis prexudicial ca nunca sobre todo para os peques. Hai
tempo para todo a tele e a tablet tamén teñen cabida non son excluíntes,
lembrade que o profe Ramón propuxo un montón de rutinas para non perder o
ritmo!!!
Un saudiño** e moito ánimo!!
viernes, 3 de abril de 2020
Actividades de expresión oral
Xa chegamos ao fin deste 2º trimestre, un trimestre que comezou como calquera outro pero que remata dunha forma completamente diferente e inesperada.
Pero non por iso imos deixar de valorar todo o esforzo e traballo realizado nestes meses, por iso hoxe quero que o alumnado de 3º vexa reflictido ese esforzo e traballo que levou na preparación dun dos temas desta avaliación "OS ANIMAIS VERTEBRADOS"; foi un traballo de reforzo e de expresión oral en galego estupendo.
Disculpade polos erros provocados polos nervios e os medos do directo.
Agardo que vos guste.
E como sempre, non nos cansamos de repetir que MOITO ÁNIMO A TOD@S!!! Agardo que nos vexamos pronto.
Os animais vertebrados from Audición y lenguaje on Vimeo.

jueves, 2 de abril de 2020
2 ABRIL....
Hoxe é 2 de ABRIL, día mundial de concienciación sobre o autismo; hoxe é un día raro, diferente....pero a pesar das circunstancias que nos rodean non debemos esquecernos da importancia desta data.
Un día no que agora mais que nunca son moi importantes as campañas de concienciacións para visibilizar a realidade do colectivo e sobre todo as súas necesidades.
A continuación deixovos un corto en forma de pequeno relato "Mi hermanito de la Luna", no que a irmá dun neno con autismo conta como é de diferente a súa vida co seu irmán, do cal fala a través dunha bonita metáfora que pretende ilustrar a percepción que se ten das persoas con autismo como se viviran "noutro mundo".
Tamén deixo este enlace para poder coñecer un pouco mais ás persoas que sofren este trastorno.
http://www.autismo.org.es/sobre-los-TEA

Suscribirse a:
Entradas (Atom)