martes, 10 de enero de 2017

O XOGO DAS ESTATUAS

Por que non traballar a atención e a concentración dunha forma divertida???
Puxémonos mans á obra e este foi o resultado, un video imitando o famoso "manequi challenge"  xogando cunha adaptación do coñecido xogo das estatuas!!
Veredes que ben o fixemos!!
Un saudiño**

ESTATUAS from Departamento de orientación on Vimeo.

miércoles, 14 de diciembre de 2016

REMATA O TRIMESTRE....

Visto e non visto... así foi este primeiro trimestre do curso!!Pero aínda así aproveitamos ao máximo estes meses para traballar xunto co Dragón Pepón un montón de cousas relacionadas coa linguaxe.
Aquí vos deixo un resumo do trimestre!!
Un saudiño** 


lunes, 14 de noviembre de 2016

CAMPAÑA LIBROS POR KILOS

Dende o 14 de novembro e ata o 9 de decembro temos na entrada do cole unha exposición de libros, calquera membro da comunidade educativa poderá levar un deses libros a cambio dun kilo de comida: fariña, fabas, azucre, lentellas, garavanzos ou algunha conserva.
Todos os alimentos recadados serán levados a "Cáritas" Ponte Caldelas.

Gracias de antemán por colaborar na campaña:   LIBROS POR KILOS.



sábado, 29 de octubre de 2016

CHEGOU O SAMAÍN

Este ano para festexar a chegada do Samaín os pequenos de 6º de infantil nas clases de Audición e Linguaxe, elaboraron un contiño.
Fixémolo intentando aplicar unha variante dunha estrutura de traballo cooperativo FICHA XIRATORIA!!....e velaí tedes o resultado, Agardamos que vos guste!!

Un saudiño**

   
CONTOSAMAÍN2016 from Departamento de orientación on Vimeo.

viernes, 16 de septiembre de 2016

CHEGOU UN NOVO CURSO!!!

Xa estamos aquí de novo...iniciando un novo curso escolar con moitas ganas, ilusión e enerxía!!
Como xa levo facendo estes últimos anos a través do blogue poderedes ver como van as clases de estimulación da linguaxe en infantil, novidades, recomendacións.... e moitas máis cousas que espero vos agraden e vos sexan útiles.


Un saudiño** e BO COMEZO DE CURSO!!!!


Presentación Pepón from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 11 de abril de 2016

ENTENDER AOS NENOS CON AUTISMO

Como ben sabedes o día 2 de abril foi o día mundial da concienciación sobre o autismo,  e por iso gustaríame que adicarades dous minutos a ver o video que a Asociación Nacional de Autismo do Reino Unido publicou para que intentemos comprender como se sinte un neno con autismo ante unha gran cantidade de estímulos.

No noso pais, a Confederación de Asociacións do Autismo lanzou tamén unha capaña para promover a TOLERANCIA, INCLUSIÓn e o RESPETO nos entornos con nenos autistas.


pictos

Un saudiño**