Esta semana tivemos no cole unha recomendación que nos gustaría compartir con vós.
Déixovos aquí a portada do libro que pode ser útil para moitas familias de alumnos/as con autismo, unha guía sinxela que pode axudar a resolver dúbidas e inquedanzas coas que se atopan moitas das familias cando lles comunican que o seu fillo/a ten autismo.
Un saudiño**
lunes, 5 de noviembre de 2018
lunes, 3 de septiembre de 2018
CHEGA UN NOVO CURSO
OS PROFES XA ESTAMOS DE VOLTA COAS PILAS BEN CARGADAS PARA COMEZAR UN NOVO CURSO CHEO DE MOITAS APRENDIZAXES, NOVIDADES, DIVERSIÓN...
ASÍ COMO VEDES NESTAS FOTOS REMATABAMOS O CURSO NAS CLASES DE AUDICIÓN E LINGUAXE .... E NESTE NOVO QUE COMEZAMOS SEGUIREMOS ENCHENDO AS AULAS DE RISAS, SORPRESAS, ILUSIÓNS, COÑECEMENTOS...
BENVID@S AO CURSO 18-19!!
lunes, 8 de enero de 2018
COMEZO DE TRIMESTRE
Despois das merecidas vacacións, hoxe comezamos o segundo trimestre con moito ánimo e con moitas ganas, e para ir poñéndonos as pilas déixovos aquí un breve resumo das actividades realizadas polos pequechos do cole nas clases de estimulación da linguaxe.
Neste trimestre que comeza..... MOITO MAIS!!!
Un saudiño**
Neste trimestre que comeza..... MOITO MAIS!!!
Un saudiño**
lunes, 4 de diciembre de 2017
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Onte 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha acción impulsada pola Asamblea Xeral da ONU dende o ano 1992 co obxectivo de informar e sensibilizar á sociedade sobre a realidade e as necesidades das persoas con discapacidade, así como destacar a importancia da súa integración en todos os ámbitos da vida.


"As persoas como as aves son diferentes nos seus voos pero iguais no seu dereito a voar"
<<Todos deberíamos recibir una ovación al menos una vez en nuestra vida, porque todos vencemos al mundo>> Auggie.
Este é un breve fragmento dun libro que todo o mundo debería animarse a ler, unha obra que nos fai pensar e poñernos no punto de vista dos demais, neste caso no do protagonista pero, unha vez remata a lectura, no punto de vista de calquera persoa que poida ser xulgada a simple vista pola súa apariencia, actitude ou por algunha discapacidade.
Achéganos unha historia chea de esperanza, amor, amizade e moitas aprendizaxes a través da historia de August Pullman un neno de 10 anos que está a piques de comezar a súa vida escolar. August é un neno amable, noble e cun corazón enorme e incomprendido, pero o seu aspecto físico difire un pouco do aspecto do resto de nenos da súa idade, pois naceu cunha estraña enfermidade, unha "disostosis mandibulofacial" pouco coñecida e pola que tivo que someterse a multitude de operacións.
Nesta nova etapa o protagonista aprenderá algo que a pesar de ser vital para superar os obstáculos que se presentan ao longo da vida, non aprendes nos libros de texto: crecerse ante as adversidades, aceptarse tal e como un é, sorrir nos días grises e saber, que ao final, sempre atoparás unha man amiga.
lunes, 20 de noviembre de 2017
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO
O 20 de novembro é un día importante para a infancia, é o Día Universal do Neno dende 1954, pero tamén é o aniversario da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do neno en 1959.
Cales son os dereitos que deben ter todos nenos?? esta é unha pregunta á que todos deberiamos saber respostar, pero por si algún anda despistado aquí vos deixo as respostas.
Un saudiño**
Cales son os dereitos que deben ter todos nenos?? esta é unha pregunta á que todos deberiamos saber respostar, pero por si algún anda despistado aquí vos deixo as respostas.
Un saudiño**
lunes, 13 de noviembre de 2017
A IMPORTANCIA DAS EMOCIÓNS
Os nenos deben aprender a ler e a escribir, pero tamén deben aprender a controlar, xestionar e expresar as súas emocións. Aplicar a educación emocional tanto na aula como na casa axudará ao desenvolvemento intelectual do neno.
No cole é moi importante prestar atención e traballar as emocións en todas as idades, un recurso que nos gusta moito é o traballo a través de contos.
"El monstruo de colores" é un recurso para traballar as emocións cos mais pequenos dunha maneira moi gráfica, xa que usa a cor como eixe central do relato, con el aprenderemos a identificar as distintas emocións.
Aquí vos deixo o enlace ao conto dixital para que poidades velo cos vosos pequenos!!
Un saudiño**
jueves, 26 de octubre de 2017
TRABALLAMOS O SAMAÍN
Achégase o Samain e nas clases de estimulación da linguaxe quixemos traballar cousiñas sobre el!! Asi que puxémonos mans á obra, e entre outras cousas a través dunha actividade de lectura de imaxes, e sobre todo con moita imaxinación creamos este simpático conto.
Agardamos que vos guste.
Un saudiño**
SAMAÍN 2017 from Departamento de orientación on Vimeo.
Agardamos que vos guste.
Un saudiño**
SAMAÍN 2017 from Departamento de orientación on Vimeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





