jueves, 12 de marzo de 2015

A succión dixital descríbese como un hábito común na infancia que se considera normal ata os 3 - 4 anos. Aínda que a maioría dos nenos que comezan a chuparse o polgar interrompen este costume cara aos  2 - 3 anos, nalgúns casos este hábito permanece ata os 6 - 12 anos. 

Os riscos asociados á succión do polgar dependen da frecuencia, intensidade, duración e posición do dedo na boca. Pero nos casos máis graves descríbense alteracións alvéolodentais asociadas a este hábito, incluindo maloclusións,  mordida aberta , mordida cruzada e deformacións faciais. 

A presenza deste hábito despois dos 4 años produce  cambios na tonicidade muscular de labios e bucinadores, retarda a súa maduración, dificulta a deglución normal provocando o que se coñece como deglución atípica, padal mais estreito e fendido, provocado pola presión do dedo sobre os dentes, o oso alveolar e o padal. Tamén pode afectar a outras funcións como a fonación, a respiración ou producir trastornos na linguaxe.
Outros problemas asociados a este hábito son a formación de callos, irritacións,  deformación do dedo... 

Correxir o hábito de succión do dedo no neno é unha tarefa difícil que conleva moita paciencia e esforzo por parte dos pais e especialistas. É importante destacar que non imos axudar ao neno a base de palabras fortes, castigos ou regaños, porque lexos de eliminalo, pódese reforzar a conducta e facela mais forte e marcada.

A continuación deixovos un video no que se aprecia perfectamente algunhas das alteracións que pode provocar unha succión do polgar prolongada no tempo.

Un saudiño**

No hay comentarios:

Publicar un comentario