miércoles, 23 de abril de 2014

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O día 23 de Abril celébrase, anualmente, o Día do Libro para nenos en todo o mundo co obxectivo principal de fomentar a lectura, non so en nenos, senon en toda a xente.
O 23 de abril foi a data elexida como Día internacional do Libro porque xusto en ese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos escritores máis recoñecidos mundialmente e xenios da literatura.O día do libro é ideal para que os nenos comprendan o valor da literatura e así fomentar e despertar a súa pasión polos libros e pola lectura.O máis importante é que cada neno atope o seu libro ideal, que lle guste, que lle apasione. A cada un lle gustarán temas diferentes, historias de amor, aventuras, novelas de terror, calquera libro é válido para desenvolver a creatividad e a imaxinación dos nenos, e eso sempre é bo e saudable para a mente.


Aquí vos deixo un divertido conto infantil animado. Un conto que fomenta a lectura e a imaxinación dos nenos xunto a Roberto, un neno moi inquedo que quere coñecer o segredo das nubes.


Un saudiño**

miércoles, 2 de abril de 2014

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.
O principal obxectivo deste día é sensibilizar á poboación mundial sobre un trastorno que ano tras ano afecta a máis persoas. É moi importante conseguir que as persoas  con autismo ao igual que as súas familias poidan vivir dunha forma plena e se lles recoñezan e se leven a cabo todos aqueles dereitos que lles corresponden. 
Neste día tamén se pon de manifesto a necesidade de mellorar as condicións dos nenos e dos adultos que teñen este trastorno.



Velaí vai un pequeno corto de animación que nos achega ao mundo das familias de nenos con autismo 
Este corto realizado polo pai dunha nena con autismo, é unha pequena excursión ao mundo interior dunha nena; unha viaxe chea de cor, amor, creatividade e orixinalidade, que nace no percorrido duns pais que ven que a súa filla compórtase dunha maneira especial, ata confirmar o diagnóstico: autismo.

HOXE ELEXIMOS  A COR AZUL!!!!!

Un saudiño **

lunes, 17 de marzo de 2014

REMATANDO XA O SEGUNDO TRIMESTRE.......

Estamos xa  a piques de rematar este segundo trimestre e non quero que remate sen amosarvos todo o traballo realizado polos nenos e nenas de infantil nas clases de estimulación da linguaxe.

Ademais de aprender moitas cousiñas....... pasárono en grande con Pepón e as súas aventuras....... 
Esperamos que vós disfrutedes como eles vendo este pequeno resumo.
O vindeiro trimestre máis e mellor!!!

Un saudiño **






Video E.I 2ºtrimestre from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 24 de febrero de 2014

MOI RECOMENDADOS:

 Hoxe traemos uns contiños que nos parecen moi apropiados tanto para profes como para pais e nais.
Esta colección preséntanos unha serie de contos, nalgúns casos orixinais e inéditos e noutros casos contos tradicionais, pero todos enfocados á realización de forma lúdica de actividades que estimulan a linguaxe oral (praxias, ritmo, respiración, sopro, vocabulario temático, conceptos básicos...).
Todos estes aspectos son fundamentais para o desenvolvemento da linguaxe oral e son máis fáciles de asimilar de forma divertida.
Os contos ademais están presentados con algunhas ilustracións para os nenos que aíndan non os poidan ler.
É importante saber que a narración dos contos non se limita á lectura senon que o que importa neste caso é a interpretación.

Un saudiño **



lunes, 10 de febrero de 2014

TÉCNICAS DE ESTUDO

Hoxe quero falarvos das técnicas de estudo.

As técnicas de estudo ou estratexias de estudo, xeralmente son axudas para acadar o éxito na escola. Hai unha gran variedade de técnicas de estudo, que poden enfocarse no proceso de organizar, coller e reter nova información ou superar exames. Inclúense tamén técnicas directamente implicadas no propio proceso do estudo; tales como a planificación de dita actividade, o subliñado, o resumo.... e outras  estratexias complementarias.
Aquí vos deixo un pequeno documento sobre algunhas desta técnicas que pode ser de gran axuda aos nenos á hora de enfrentarse ao estudo e obter os resultados esperados.

Espero que vos sirva de axuda.

Un saudiño** 




viernes, 24 de enero de 2014

HOXE UNS BREVES CONSELLIÑOS!!!


Hoxe para ir remantando a semana, deixámosvos aquí un pequeno documento que pode ser de gran axuda para traballar problemas de fonación e articulación, xa que en moitos casos estes problemas derivan de alteracións na respiración e na tensión muscular e corrixindo esto podemos observar grandes mellorías na fonación.       

Esperamos que vos guste e vos sirva de axuda.                                                                           
Un saudiño**

jueves, 9 de enero de 2014

HOXE RECOMENDAMOS........

Benvidos de novo e FELIZ ANO A TOD@S!!!!!
Despois destas vacacións de Nadal voltamos coas pilas cargadas e dispostos a traballar duro e amosarvos moitas cousiñas novas ao longo deste segundo trimestre.
Hoxe recoméndovos un par de contiños que vos poden axudar a que os máis pequenos comprendan as diferencias entre as persoas, a exclusión, as dificultades, a capacidade de superación... a través de propostas gráficas moi sinxelas e orixinais.











Espero que vos guste.

Un saudiño**