miércoles, 18 de febrero de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER

síndrome de Asperger é un conxunto de problemas mentais e conductuais que forma parte dos trastornos do espectro autista. Enmarcase dentro dos trastornos xeneralizados do desenvolvemento 
A persoa afectada amosa dificultades na interacción social e na comunicación con gravedade variable, os afectados por este síndrome teñen intereses en áreas que soen ser moi restrinxidas e en moitos casos estereotípicas.
Estas persoas teñen un aspecto e intelixencia normal ou incluso superior á media 

¿Sabíades que?..... no ano 2006 foi declarado o "Ano Internacional do 
Síndrome de Asperger" porque cumplíase o centenario do nacemento de
Hans  Asperger e o vixesimoquinto aniversario de que a psiquiatra Lorna Wing dera a coñecer internacionalmente o trastorno.
A partir do ano 2007 o 18 de febreiro foi declarado o Día Internacional do Asperger en recordo do nacemento do Dr Asperger.


jueves, 8 de enero de 2015

OS PICTOGRAMAS

Aquí estamos xa de volta coas pilas cargadas!!
Hoxe vou falar dos pictogramas.
Moitos de vós preguntaredes: que é un pictograma?
E velaí vai unha sinxela definición: 
Un pictograma é un signo claro e esquemático que representa un obxecto real, figura ou concepto. Sintetiza unha mensaxe que pode sinalar ou informar sobrepasando a barreira das linguas.  

Podemos atopalos en moitos contextos da vida diaria e aportan información útil coñecida por todos: 

 



Os pictogramas ademais son recursos de comunicación de carácter visual que serven, entre outras cousas, para facilitar a comunicación de necesidades ou estimular a expresión no caso de que existan carencias sensoriais, cognitivas ou ben un coñecemento insuficiente da lingua de comunicación. Por esta razón, os pictogramas constitúen un recurso capaz de adaptarse a diversos propósitos comunicativos na ensinanza que se desenvolve en contextos de diversidade.

Ademais de usar outro canal sensorial, a vista, unha das súas maiores vantaxes é que non son efímeros, como as mensaxes faladas ou signadas, senon  que permanecen no tempo e no espazo, permitindo a calquera acceder a eles en todo momento.

Os pictogramas son PERCEPTIBLES, SIMPLES e PERMANENTES. Estas cualidades son de gran axuda para calquera, pois todos necesitamos claves que nos axuden a entender o mundo e “ordealo” na nosa mente, pero  especialmente para os alumnos con dificultades de atención, memoria, linguaxe e trastornos xeneralizados do desenvolvemento.
“Ofrecerles ilustraciones es ampliarles fronteras, darles un nuevo mundo lleno de posibilidades, lleno de sensaciones que podemos extrapolar a otras facetas del aprendizaje” (Amparo Ruiz Espinosa). 


Aquí vos deixo un exemplo do útiles que poden ser os pictogramas!!


Un saudiño**



lunes, 15 de diciembre de 2014

REMATANDO O PRIMEIRO TRIMESTRE

Como pasa o tempo.......parece que foi onte cando iniciamos o curso e xa estamos metidos no nadal!!
Ao longo deste trimestre o Dragón Pepón volveu como xa fixera o curso pasado para acompañar aos nenos e nenas de 4 e 5 anos e axudalos no desenvolvemento da súa linguaxe.
Fixeron moitas cosas xuntos e velaí vai un pequeno resumo.
Esperemos que vos guste.
O vindeiro trimestre seguiremos traballando así de ben!!
FELICES FESTAS E ATA O ANO QUE VEN!!!

Un saudiño**



1ºTRIMESTRE 14-15 from Departamento de orientación on Vimeo.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

3 DE DECEMBRO: DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADES


Foi en 1992 cando a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o día 3 de decembro como o DÍA DAS PERSONAS CON DISCAPACIDADE, co obxectivo de chamar a atención e movilizar apoios para a inclusión de persoas con discapacidade na sociedade.
Este ano 2014, a xornada celébrase poñendo o acento na tecnoloxía, baixo o lema 'Desenvolvemento sostible: a promesa da tecnoloxía',  xa que as tecnoloxías da información e da comunicación, en particular, impactaron moito na vida cotia das persoas, pero non todas teñen acceso a ela, ademais de todos é sabido que os avances na tecnología pódense utilizar para mellorar a vida das personas con discapacidad.
Déixovos este video distribuido pola Xunta de Andalucía para fomentar a integración das persoas con discapacidade.
Un saudiño**


miércoles, 5 de noviembre de 2014

AS PRAXIAS


  Moitas veces falamos da palabra PRAXIAS sen darnos conta de que é unha palabra que non todo o mundo utiliza habitualmente e da que moita xente incluso pode descoñecer o seu significado.

 Entendemos por praxias: un sistema de movementos coordinados de maior ou menor dificultade que facemos cos beizos, a lingua, os músculos de preto da boca, a mandíbula ou o velo do padal, para pronunciar correctamente os diferentes fonemas . Ás veces atopámonos con nenos que non son capaces de articular debido a unha incorrecta coordinación dos movementos, e á vez isto é debido a que o ton muscular dos órganos encargados da fala non é o apropiado.
Para iso podemos reforzar estes movementos a través de xogos.

Aquí vos deixo algúns exemplos cos que poder traballar a mobilidade dos órganos fonoarticulatorios de forma divertida!!


Con este divertido vídeo os nenos pasarano en grande practicando as praxias á vez que traballan o outono.








miércoles, 24 de septiembre de 2014

BENVID@S A ESTE NOVO CURSO!!!!

         Dende o Departamento de Orientación queremos darvos a benvida a este novo curso escolar 2014/2015. Alumnos e mestres xa nos puxemos en marcha para dar o mellor de nós. Como o pasado curso tentaremos mantervos informados de novidades, actividades... ademais de seguir ofrecendo consellos que vos sexan de utilidade.         

Aquí vos deixo unha mensaxe de Pepón, a mascota de audición e linguaxe coa que queda inaugurado o novo curso escolar!!!!

Un saudiño**




miércoles, 28 de mayo de 2014

O NOSO PRIMEIRO PDI

Antes de nada é importante facernos unha pregunta...... sabemos o que é un PDI?
Pois os proxectos documentais integrados (PDI) son actividades nas que os alumnos/as ademais de investigar sobre un tema ou problema concreto familiarízase cos mecanismos de busca da información e traballo intelectual usando os recursos que ofrece a biblioteca escolar.

Son proxectos porque se desenvolven mediente unha metodoloxía activa e colaborativa que permite traballar as competencias básicas; son documentais porque os documentos cos que traballan axudan a que o alumnado constrúa o seu coñecemento, sexan creativos e capaces de comunicar o que entenden e finalmente son integrados porque permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para achegar o mundo escolar á vida cotiá.

Este ano puxemos en marcha o noso primeiro PDI no que participou todo o alumnado do centro.
Pepón a mascota de Audición e Linguaxe quixo aportar o seu graíño de area por iso os alumnos de infantil tamén traballaron aspectos do PDI durante as clases de estimulación da linguaxe.

Velaí vai o noso traballo agardamos que vos guste porque nós pasámolo en grande e aprendimos un montón de cousas.




Se vos soubo a pouco, podedes ver moitas máis cousiñas do PDI do cole na páxina da nosa biblioteca!!

Un saudiño**