lunes, 17 de marzo de 2014

REMATANDO XA O SEGUNDO TRIMESTRE.......

Estamos xa  a piques de rematar este segundo trimestre e non quero que remate sen amosarvos todo o traballo realizado polos nenos e nenas de infantil nas clases de estimulación da linguaxe.

Ademais de aprender moitas cousiñas....... pasárono en grande con Pepón e as súas aventuras....... 
Esperamos que vós disfrutedes como eles vendo este pequeno resumo.
O vindeiro trimestre máis e mellor!!!

Un saudiño **






Video E.I 2ºtrimestre from Departamento de orientación on Vimeo.

lunes, 24 de febrero de 2014

MOI RECOMENDADOS:

 Hoxe traemos uns contiños que nos parecen moi apropiados tanto para profes como para pais e nais.
Esta colección preséntanos unha serie de contos, nalgúns casos orixinais e inéditos e noutros casos contos tradicionais, pero todos enfocados á realización de forma lúdica de actividades que estimulan a linguaxe oral (praxias, ritmo, respiración, sopro, vocabulario temático, conceptos básicos...).
Todos estes aspectos son fundamentais para o desenvolvemento da linguaxe oral e son máis fáciles de asimilar de forma divertida.
Os contos ademais están presentados con algunhas ilustracións para os nenos que aíndan non os poidan ler.
É importante saber que a narración dos contos non se limita á lectura senon que o que importa neste caso é a interpretación.

Un saudiño **



lunes, 10 de febrero de 2014

TÉCNICAS DE ESTUDO

Hoxe quero falarvos das técnicas de estudo.

As técnicas de estudo ou estratexias de estudo, xeralmente son axudas para acadar o éxito na escola. Hai unha gran variedade de técnicas de estudo, que poden enfocarse no proceso de organizar, coller e reter nova información ou superar exames. Inclúense tamén técnicas directamente implicadas no propio proceso do estudo; tales como a planificación de dita actividade, o subliñado, o resumo.... e outras  estratexias complementarias.
Aquí vos deixo un pequeno documento sobre algunhas desta técnicas que pode ser de gran axuda aos nenos á hora de enfrentarse ao estudo e obter os resultados esperados.

Espero que vos sirva de axuda.

Un saudiño** 




viernes, 24 de enero de 2014

HOXE UNS BREVES CONSELLIÑOS!!!


Hoxe para ir remantando a semana, deixámosvos aquí un pequeno documento que pode ser de gran axuda para traballar problemas de fonación e articulación, xa que en moitos casos estes problemas derivan de alteracións na respiración e na tensión muscular e corrixindo esto podemos observar grandes mellorías na fonación.       

Esperamos que vos guste e vos sirva de axuda.                                                                           
Un saudiño**

jueves, 9 de enero de 2014

HOXE RECOMENDAMOS........

Benvidos de novo e FELIZ ANO A TOD@S!!!!!
Despois destas vacacións de Nadal voltamos coas pilas cargadas e dispostos a traballar duro e amosarvos moitas cousiñas novas ao longo deste segundo trimestre.
Hoxe recoméndovos un par de contiños que vos poden axudar a que os máis pequenos comprendan as diferencias entre as persoas, a exclusión, as dificultades, a capacidade de superación... a través de propostas gráficas moi sinxelas e orixinais.











Espero que vos guste.

Un saudiño**


jueves, 19 de diciembre de 2013

CONSELLOS PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE EN E.I.

Nesta nova entrada do blogue propoñemos unha serie de consellos para pais, nais e profes de nenos de educación infantil, para axudarlles no correcto desenvolvemento da súa linguaxe.

Esperamos que vos sirva de axuda.
Un saudiño**



lunes, 16 de diciembre de 2013

ASÍ FORON AS CLASES DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE NAS AULAS DE INFANTIL

A punto xa de rematar o primeiro trimestre, queremos amosarvos neste pequeno video algunhas das actividades que realizaron os nenos e nenas de 5º e 6º de infantil nas clases de estimulación da linguaxe coa profe de A.L. , esperamos que vos guste.....

O próximo trimestre MÁIS e MELLOR!!!!!!
Un saudiño**